Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.456

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1997, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se acorda remitir ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente obxecto do recurso contencioso-administrativo 02/0004664/1997 e se emprazan as partes interesadas nel.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 02/0004664/1997, interposto por Catuga, S.L., contra acordo da Secretaría Xeral para o Turismo do 7-1-1997, desestimatorio do recurso ordinario contra resolución do delegado da Consellería da Presidencia na Coruña de 8-7-1996, esta secretaría

xeral resolve ordena-la remisión do expediente administrativo, obxecto do antedito recurso contencioso-administrativo, ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para coñecemento xeral de tódalas persoas interesadas no procedemento, excepto o recorrente, e son emprazadas para que poidan constituírse en autos mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto no prazo de nove días, consonte o disposto no artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativo, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

2664