Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.456

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1997, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se acorda remitir ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente obxecto do recurso contencioso-administrativo 01/0000428/1997 e se emprazan as partes interesadas nel.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 01/0000428/1997, interposto por Colegios O. Aparejadores Arquitectos Lugo y otras, contra Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 31-12-1996 (DOG nº 5 do 9-1-1997) pola que se anuncian subvencións para a creación de establecementos de turismo rural, esta secretaría xeral resolve ordena-la remisión do expediente administrativo, obxecto do antedito recurso contencioso-administrativo, ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para coñecemento xeral de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

2724