Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial-Psiquiátrico Rebullón de Pontevedra, pola que se corrixen erros nas do 17 de febreiro, polas que se anunciaban os concursos públicos números 1 e 2/1997, publicados no DOG número 46, do 7 de marzo de 1997, para a contratación do servicio de mantemento integral e servicio de almacenaxe e distribución para o Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón.

Advertidos erros nos textos en galego e castelán das citadas resolucións publicadas no DOG número 46, do 7 de marzo de 1997, resolvo face-las seguintes correccións:

C.P. 2/1997 almacenaxe e distribución desde o exterior:

-Na páxina 2.111, en clasificación esixida, onde di: «categoría B», debe dicir: «categoría A».

-Na páxina 2.111, en clasificación esixida, onde di: «categoría B», debe dicir: «categoría A».

C.P. 1/1997 mantemento integral:

-Na páxina 2.112, en clasificación esixida, onde di: «categoría B», debe dicir: «categoría A».

-Na páxina 2.112, en clasificación esixida, onde di: «categoría B», debe dicir: «categoría A».

Modificación prazo de presentación de proposicións:

Deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG de corrección, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións:

Terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natutal contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores:

Pontevedra, 24 de marzo de 1997.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario Provincial-Psiquiátrico Rebullón de Pontevedra

2688