Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto para a realización dunha asistencia para a realización do inventario de bens e dereitos do Servicio Galego de Saúde (S-102/1997).

1. Entidade adxudicadora: Servico Galego de Saúde, Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 54 00, fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Categoría da asistencia e descrición: categoría, nº de referencia CCP.

Realización dunha asistencia para a realización do inventario de bens e dereitos do Servicio Galego de Saúde.

-Orzamento total: 64.884.600 ptas., IVE incluído.

3.a) Lugar de execución: no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Requisitos específico do contratista:

Clasificación esixida os empresarios españois: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

Para os empresarios de estados membros da Comunidade Europea, haberá que aterse ó disposto no artigo 25,2º da Lei de contratos das administracións públicas.

Para as empresas extranxeiras non comunitarias, haberá que aterse ó disposto no artigo 23 da Lei de contratos das administración públicas.

5. Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-la asistencia: 10 meses contados a partir da formalización do contrato.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 5-5-1997.

9.a) Data límite de recepción das ofertas: 12-5-1997.

b) Enderezo a que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Dirección Xeral de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

d) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

e) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicio Sociais en San Lázaro a partir das 9.30 horas do 23-5-1997.

10. Garantías esixidas: garantía provisional do 2% do orzamento de licitación.

11. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

12. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

13. Información e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo prestador de servicios: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposiciones económicas.

15. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas punto 11.

16. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 1.

17. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

2714