Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.389

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de marzo de 1997, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

O Real decreto 213/1996, do 19 de febreiro (BOE nº 53, do 1 de marzo de 1996) sobre ampliación de servicios e medios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 258/1985, do 23 de xaneiro (INSERSO), traspasou á Xunta de Galicia, a residencia asistida de Vigo (Pontevedra), traspaso que foi asumido polo Decreto 72/1996, do 29 de febreiro (DOG nº 45, do 4 de marzo de 1996) e asignado á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, o que fai necesario modifica-la relación de postos de traballo da dita consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a comisión de persoal,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.

Modifica-la relación de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia nos termos que se sinalan no anexo á presente orde.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1997.

Dositeo Rodríguez RodríguezJosé Antonio Orza Fernández

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Economía

e Administración Públicae Facenda

2639