Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.389

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 31 de marzo de 1997 pola que se nomea un vocal do Consello de Dirección do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Por orde desta consellería, do 12 de novembro de 1996, foron nomeados polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, os cinco vocais do Consello de Dirección do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (ILGG), conforme o disposto nos artigos 4.4º da Lei 7/1994, do 29 de decembro e 9.3º do Decreto 128/1996, do 14 de marzo.

Entre os vocais representantes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes designados en función do seu cargo, nomeouse a José María Salgado López, ó ser por entón subdirector xeral de Sanidade Animal e Vexetal, posto que deixou de desempeñar por xubilación.

Por isto, ó varia-lo titular da citada subdirección xeral, resulta preciso nomear, no seu lugar, á persoa que hoxe en día desempeña o dito posto de traballo e, en consecuencia,

ORDENO:

Artigo único.

Noméase como vocal do Consello de Dirección do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, a Manuel Díaz Cano, subdirector xeral de Sanidade Animal e Vexetal, en substitución de José Mª Salgado López.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

2634