Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.340

I.10. LDH. I.11. M-TP.

VI. ANUNCIOS. DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Melide pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso a concesión da xestión integral do servicio municipal do abastecemento de auga potable ó municipio de Melide.

1. Obxecto do contrato: é obxecto deste contrato a concesión do servicio no encabezamento indicado.

2. Prazo de duración da concesión: 25 anos prorrogables.

3. Tipo de licitación: non se fixa tipo polas razóns expresadas no prego, debendo axustarse os licitadores ó expresado a este respecto no dito prego.

4. Pagamento: o que proceda farase con cargo ó orzamento de 1997.

5. Dependencia onde estará exposto o expediente administrativo: na secretaría xeral.

6. Prego de cláusulas administrativas que rexe o contrato: o prego de cláusulas económico-administrativas particulares para a adxudicación-concesión, mediante concurso público aberto aprobado polo Pleno na sesión do 10 de marzo de 1997.

7. Garantía provisional: os licitadores deberán constituír, por calquera medio dos admitidos en

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

dereito, unha garantía provisional a favor deste concello, de 500.000 ptas.

8. Garantía definitiva: o 4% do valor anual do servicio.

9. Revisión de prezos: observarase o disposto na cláusula 21 do prego.

10. Lugar e prazo da presentación de proposiciones: no rexistro xeral do concello entre as 10 e as 14 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

11. Apertura de proposicións: terá lugar no salón de sesións do concello ás 13 horas do primeiro día hábil seguinte (non coincidente en sábado), a aquel no que finalice o prazo de presentaciónd e proposicións.

12. Documentación e modelo de proposición: presentarase en tres sobres cerrador, que poderán ser lacrados, etc. e asinados polo licitador ou persoa que o represente, coa documentación e requisitos esixidos nas cláusulas 10 e 11 do prego, axustadas ó modelo do que se facilitará copia.

13. Os gastos de publicación do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Melide, 14 de marzo de 1997.

Manuel R. Pampín Rúa

Alcalde