Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.339

I.10. LDH. I.11. M-TP.

VI. ANUNCIOS. DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a redacción do proxecto e execución das obras comprendidas na memoria valorada de unificación de centros de mando da iluminación pública na zona de Atochas Peixería.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: 097/12.

2. Obxecto do contrato: redaccion do proxecto e execución das obras comprendidas na memoria valo

rada de unificación de centros de mando da iluminación pública na zona de Atochas-Peixería.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 24.091.785 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 481.836 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo I, subgrupo 1, categoría c.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de redacción do proxecto e execución das obras comprendidas na memoria valorada de unificación de centros de mando da iluminación pública na zona de Atochas-Peixería».

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 18 de marzo de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

2118