Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores C-124/1996 e dous máis (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución

por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 11 de marzo de 1997.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último domicilio coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

C-124/1996Jorge Irago Villanueva

Igrexa, s/n, Tremoedo

Vilanova

Cazar dentro do couto privado de caza PO-10.124, carecendo de autorización. No momento da intervención, estaban calando un furón e colocando unha rede, ó ser requiridos déronse á fuga deixando a rede pero levando o furón, o día 27 de outubro de 1996, no concello de Vilanova.Artigo 48.1º 8

da Lei 1/1970,

de caza

48 da Lei

1/1970, de caza

7.000
C-128/1996Clemente González Abal

Tarrío, 15-Caleiro

Vilanova

Cazar con escopeta dentro do couto PO-10.043 carecendo de autorización. Di ter permiso oral do propietario dos terreos. Sendo denunciado anteriormente, este mesmo ano, o día 27 de outubro de 1996, no concello de Vilanova.Artigo 48.1º 8,

da Lei 1/1970,

de caza

48 da Lei

1/1970, de caza

4.000
C-129/1996Benito Chaves Paz

Tarrío, s/n

Vilanova

Cazar con escopeta dentro do couto PO-10.043 carecendo de autorización. Di ter permiso oral do propietario dos terreos. Sendo denunciado anteriormente, este mesmo ano, o día 27 de outubro de 1996, no concello de Vilanova.Artigo 48.1º 8,

da Ley 1/1970,

de caza

48 da Lei

1/1970, de caza

4.000

97-2447