Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52672).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Modificado 1 o proxecto de L.M.T., C.T. e R.B.T. Santa María de Melide (Melide) consitente en: L.M.T. a 20 kV de 204 m de lonxitude, que parte da subestación denominada Santa María, e final no C.T. que se vai construír denominado Santa María.

-C.T. de 100 kVA, tipo intemperie.

-R.B.T. a 380/220 V que parte do C.T. denominado Santa María, cunha lonxitude de 65 m en R.Z. Concello de Melide.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 12 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-2666