Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/39-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Cabalar, S.L.

Enderezo social: Arnoso, 1, 15613 A Capela.

Denominación: L.M.T. a 15/20 kV e reforma caseta de Belelle.

Situación: Fene.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 510 m, que parte da L.M.T. a C.T. Reguela e final no C.T. Balelle en LA-30, reforma da caseta para a tensión de 15/20 kV e transformador de 100 kVA. Concello de Fene.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2470