Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/21-4).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Castro I.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV de 100 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Balaídos-Gran Vía S, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta en Castro I, rematando na L.M.T. Balaídos-Gran Vía S, concello de Vigo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea de 180 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 25 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2422