Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/22-4).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: elevación L.M.T. Ramallosa-Baiona.

Situación: Baiona.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 328 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde

o apoio número 52 da L.M.T. actual Ramallosa-Baiona ata o apoio número 59 da mesma liña, concello de Baiona.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 25 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1425