Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de marzo de 1997, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00365-I-1996 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon

contra eles. Por este motivo, iniciáronse cos números que se indican os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante o Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 14 de marzo de 1997.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos Instructor

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DG-00365-I-1996

LE9OR0032413918

Rodríguez Vizoso,

Francisco José

Santo Tomé de Ferreira

27770 Valadouro (Lugo)

Obstrucción á actuación dos servicios de inspección impedindo o exercicio das súas funcións por non facilita-los discos-diagrama dos vehículos da súa propiedade.33 LOTT.

19 RGTO

143 LOTT

201 RGTO

250.000 ptas.

DG-00009-I-1997

3276244968A2053

Bernardo e Hijos, S.L.

Erín,5

27002 Lugo

Incumprimento das condicións esenciais da autorización administrativa por non xustificar a un conductor como pertencente á empresa.48 LOTT

200 RGTO

143 LOTT

201 ROTT

50.000 ptas.

97-2445