Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

EDICTO do 18 de marzo de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fai pública a notificación ós herdeiros de Baldomero Abelaira Rivera, da acta e proposta de liquidación dictadas polo Servicio de Inspección.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta Delegación de Economía e Facenda e, por conseguinte, sen se poder levar a efecto a notificación pretendida ós contribuíntes que de seguido se relacionan, por medio do presente edicto, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles actas e propostas de liquidación dictadas polo Servicio de Inspección Tributaria en aplicación do artigo 146, apartado 1º da Lei xeral tributaria.

Contra esta notificación, os interesados poderán formular alegacións perante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido este sen que se formulen alegacións, o Servicio de Inspección Tributaria procederá a confirma-la citada liquidación.

A Coruña, 18 de marzo de 1997.

P.S.

Enrique Fernández Arias

Secretario da Delegación Territorial da Coruña

Imposto sobre sucesións e doazóns

Contribuínte: herdeiros de Abelaira Rivera Baldomero.

Enderezo: r/ Sinforiano López 38 baixo-A Coruña.

Período: 1991.

Concepto: acta de inspección nº 00030554, modelo A02, por importe de 477.182 ptas., segundo o detalle que segue:

Base impoñible:11.406.349

Reducción:2.271.500

Base liquidable:9.134.849

Cota:972.500

Ingresado:661.129

Diferencia de cotas:311.371

Xuro por demora:165.811

Total débeda:477.182

2379