Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 10 de marzo de 1997, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito 418/1994, para os efectos de expedición do duplicado.

Extraviado o resgardo do depósito definitivo 418/1994 constituído na Caixa de Depósitos da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, mediante aval de Crédito y Caución, S.A., o día 30 de setembro de 1994, polo importe de 400.000 ptas. garantindo a empresa Contenur, S.A., NIF-A-28953636, perante a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Faise público para que, no termo de dous meses, contados desde esta publicación, se poida alegar por terceiro o que considerare oportuno.

Coa prevención de que, transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data de publicación do presente anuncio, se procederá sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario, declarándose no propio acto a nulidade dos exemplares orixinais extraviados, que non terán valor ningún nin poderán surtir efecto perante a Administración ou terceiros.

Vigo, 10 de marzo de 1997.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

2346