Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.303

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997 pola que se convoca a libre designación dun posto vacante do cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente,

Este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 6 da Lei 3/1995, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, resolve convocar a libre designación o antedito posto, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Requisitos dos candidatos: poderán concursa-los funcionarios que pertenzan ós grupos de titulación esixidos para o posto convocado.

2. Solicitudes.

2.1. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2.2. A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, no Rexistro do Campus de Lugo, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.3. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou a petición do interesado.

3. Méritos: os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar debidamente os méritos que aleguen.

4. Adxudicación de postos: no caso de resultar seleccionado para ocupa-los postos de traballo relacionados no anexo algún funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento ó que figure adscrito.

5. Norma derradeira: a presente convocatoria e as súas bases, así como cantos actos administrativos se deriven desta, poderán ser impugnados polos interesados, de conformidade co establecido na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1997.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

* 1 posto de Secretaría do Valedor do Estudiante e demais membros da comunidade universitaria.

Nivel: 18

Grupo: C/D

Complemento específico: 524.508 ptas.

2045