Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.274

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 5 de marzo de 1997 pola que se regula a Comisión Asesora de Publicacións da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Advertido un erro na citada orde, remitida para a súa publicación no DOG nº 53, do martes 18 de marzo de 1997, é necesario efectua-las oportunas correccións:

Primeira: na páxina 2.421, no artigo 2º apartado a) onde di: «... o programa editorial semestral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais», debe dicir: «... o programa editorial semestral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e Sergas».

Segunda: na páxina 2.421, no artigo 5º apartado d) onde di: «... a que se refire o artigo 1º f) da presente orde», debe dicir: «... a que se refire o artigo 2º f) da presente orde».

Terceira: na páxina 2.421 no artigo 3º onde di: «..., en calidade de asesores, aquelas persoas, cando a súa presencia se considere necesaria», debe dicir: «... en calidade de asesores, outras persoas, cando a súa presencia se considere necesaria».

97-2593