Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 08 de abril de 1997 Páx. 3.254

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CES-Galicia.

Ó amparo do previsto no artigo 21 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, así como no artigo 43 do Regulamento de réxime interno, e en cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, resólvese convoca-lo proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CES-Galicia.

En cumprimento do disposto, e de acordo coas bases para a selección, contratación, condicións de traballo e réxime retributivo do persoal do Consello Económico e Social de Galicia aprobadas pola comisión permanente 7/96, de acordo coas competencias que lle son atribuídas no artigo 21.l) do Regulamento de réxime interno.

O CES-Galicia acorda convocar probas selectivas para o ingreso no seu cadro de persoal laboral fixo de acordo coas seguintes bases da convocatoria:

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir oito prazas polo sistema xeral de consurso-oposición (base 6).

1.2. Ás probas seranlles aplicables a Lei 6/1995, do 28 de xuño, de creación do CES, e o seu Regulamento de réxime interno, a Lei 10/1996, do 5 de novembro, e o disposto nas bases da convocatoria.

1.3. O sistema de selección será o concurso-oposición, cos exercicios, probas, sistema de cualificación, temario, baremo e relación de méritos que se especifican nas bases da convocatoria (anexo II, anexo III e anexo IV).

1.4. A adxudicación da praza ó aspirante que supere o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida por este ó longo de todo o proceso.

1.5. O primeiro exercicio da oposición realizarase transcorrido un mes desde a publicación da presente convocatoria, publicándose a data deste exercicio así como a dos seguintes no taboleiro de anuncios do CES-Galicia.

1.6. O aspirante ó que lle sexa adxudicada a praza será contratado en réxime laboral cunha duración indefinida, publicando a comisión na sede do CES-Galicia a relación nominal dos aspirantes que superaron o proceso.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Requisitos mínimos xerais dos candidatos.

1. Ter cumpridos os dezaoito anos.

2. Estar en posesión da titulación esixida para cada praza.

3. Non padecer limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

4. Non estar separado do servicio de ninguha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

2.2. Requisitos mínimos específicos dos candidatos.

2.2.1. Prazas de auxiliares administrativos, técnicos auxiliares de informática.

-Título mínimo esixido: nivel de graduado escolar, FP 1º grao ou equivalente.

-Título de iniciación e perfeccionamento en galego.

2.2.2. Administración da rede informática.

-Título mínimo esixido: FP 2º grao ou equivalente.

-Título de iniciación en galego.

2.2.3. Dirección do gabinete da presidencia.

-Título mínimo esixido: grao medio.

-Título de iniciación en galego.

2.2.4. Dirección do departamento de xestión.

-Título mínimo esixido: licenciatura en dereito.

-Título de iniciación en galego.

2.2.5. Dirección do centro de documentación e apoio ó consello.

-Título mínimo esixido: licenciatura universitaria, especialidade en documentación e biblioteconomía.

-Título de iniciación en galego.

2.3. Tódolos requisitos, xerais e específicos, deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de incorporarse a ocupa-la praza logo do asinamento do correspondente contrato.

3. Solicitudes.

3.1. Forma.

Quen desexe tomar parte das probas de selección deberá presentar solicitude, en instancia axustada ó modelo que figura como anexo I da presente resolución, xuntando ademais:

-Fotografía tamaño carné.

-Fotocopia do DNI.

-Documentos acreditativos dos requisitos mínimos xerais e específicos.

-Documentos acreditativos dos méritos que se aleguen para a fase de concurso, ben orixinal ou fotocopia compulsada.

-Experiencia laboral acreditada con «historia de vida laboral da Seguridade Social», ben orixinais ou fotocopias compulsadas.

Cada candidato só poderá optar a unha das prazas convocadas, debendo indica-lo grupo ó que opta; a omisión deste requisito será motivo de anulación da solicitude ou solicitudes presentadas.

3.2. Destinatario, lugar de presentación e prazo.

As solicitudes serán dirixidas ó presidente do CES-Galicia e presentadas na rúa Algalia de Abaixo 24, código postal 15704, Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4. Admisión dos aspirantes.

No prazo de 5 días naturales contados a partir da finalización do prazo de presentación de instancias, publicarase a lista de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios do CES-Galicia, facendo constar, se fose o caso, o motivo da exclusión, podendo repara-los erros que sexan emendables no prazo de 10 días naturais a partir da dita publicación. Esgotado este prazo, e no prazo de 5 dias naturais a partir desta data, publicarase a lista definitiva de admitidos e excluídos para a selección.

5. Comisión de selección.

5.1. A resolución na que se determine a composición da comisión de selección publicarase, con anterioridade á data sinalada para o primeiro exame, no taboleiro de anuncios do CES-Galicia.

5.2. Os membros da comisión deberán absterse de intervir, notificándollo ó presidente, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo

28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitarlles ós membros da comisión de selección declaración expresa de non atoparse incursos nas causas sinaladas de abstención.

Os aspirantes poderán recusa-los membros da comisión de selección cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

5.3. Para a válida constitución da comisión requirirase a presencia do presidente e secretario e a metade, polo menos, dos seus vocais.

5.4. A partir da súa constitución, a comisión, para actuar validamente, requirirá a presencia do presidente e secretario ou, se é o caso, dos seus suplentes, e a metade polo menos dos seus vocais, titulares ou suplentes.

5.5. No concurso-oposición, a comisión resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos.

O procedemento de actuación da comisión de selección axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.6. A comisión de selección adoptará aquelas medidas nos casos en que sexa necesario, de forma que os aspirantes con minusvalideces gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que o resto dos demais participantes. Neste sentido, estableceranse, para as persoas con minusvalideces que o soliciten, as adaptacións de tempo e medios para a súa realización.

Para tal efecto, a comisión poderá requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral e sanitaria.

5.7. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, a comisión terá a súa sede na Algalia de Abaixo, 24, código postal 15704, Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 16 50.

5.8. A comisión non poderá aprobar e declarar que superaron as probas un número superior de aspirantes có de prazas convocadas. O secretario da comisión de selección enviaralle ó presidente do CES-Galicia a copia certificada da lista de aprobados, así como a relación de opositores que superaron tódolos exercicios con indicación da puntuación final obtida no conxunto dos exercicios.

6. Número de prazas convocadas por cada categoría.

Número

de prazas

Categorías

1Dirección do Centro de Documentación e Apoio ó Consello

1Dirección do Departamento de Xestión

1Dirección do Gabinete da Presidencia

1Administrador da rede informática

1Auxiliar administrativo técnico auxiliar en informática

1Auxiliar administrativo técnico auxiliar en informática

1Auxiliar administrativo técnico auxiliar en informática

1Auxiliar administrativo técnico auxiliar en informática

7. Contratación.

Finalizado o proceso selectivo, os que o superasen procederán ó asinamento do contrato laboral fixo,

actuando como órgano de contratación do CES-Galicia o seu presidente, de acordo co disposto no artigo 32 do Regulamento de réxime interno.

O contrato será subscrito no prazo dun mes desde a data de publicación da relación de aspirantes aprobados, sendo inmediata a súa incorporación ó persoal laboral fixo do CES-Galicia.

8. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

Luis Suárez-Llanos Gómez

Presidente do Consello Económico e Social

ANEXO I

SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NAS PROBAS SELECTIVAS PARA O INGRESO NO CADRO DE PERSOAL FIXO DO CES-GALICIA

DATOS PERSOAIS:

Primeiro apelido Segundo apelido

Nome DNI Enderezo

Localidade Provincia Cód. postal...........

Teléfono (...) Data de nacemento Localidade Provincia

Nacionalidade Nº de afiliación a S. Social

TITULACIÓN:

PRAZA Á QUE OPTA:

DECLARACIÓN XURADA:

O abaixo asinante declara baixo xuramento non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes ó posto de traballo da praza á que opta, e non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Santiago de Compostela, ..... de............... de 1997.

Asdo.:

N.B:: xuntar documentación requirida na base 3.1.

Sr. Presidente do Consello Económico e Social de Galicia

ANEXO II

TEMARIO PARA REALIZAR NA FASE DE OPOSICIÓN

Praza: Centro de Documentación e Apoio ó Consello.

Tema 1. Concepto e funcións dos servicios de información e documentación na actualidade. A biblioteca virtual.

Tema 2. Planificación de servicios de información e documentación.

Tema 3. Avaliación de servicios de información e documentación. Xestión de calidade.

Tema 4. Marketing para servicios de información e documentación.

Tema 5. Selección e adquisición de fondos en centros de documentación.

Tema 6. Análise documental. Catalogación. Indexación.

Tema 7. Automatización da catalogación. O formato MARC: situación actual.

Tema 8. Linguaxes documentais. Tipoloxías.

Tema 9. Tesauros: características, construcción e funcións. Tesauros especializados na área económico-social.

Tema 10. Análise documental. O resumo na literatura científica.

Tema 11. Catálogos automatizados nas bibliotecas e centros de documentación. Os OPAC.

Tema 12. Control bibliográfico de publicacións seriadas.

Tema 13. Servicios de referencia e información bibliográfica. Difusión selectiva da información.

Tema 14. Acceso ó documento. Préstamo interbibliotecario. Posibilidades das novas tecnoloxías para este servicio.

Tema 15. Formación de usuarios no manexo de bases de datos.

Tema 16. Documentación científica. Monografías. Publicacións seriadas.

Tema 17. Outras tipoloxías documentais. Literatura gris e obras de referencia.

Tema 18. Fontes de información de publicacións primarias e secundarias.

Tema 19. Fontes de información especializadas na área económico-social. Estatística.

Tema 20. Tecnoloxías da información e a documentación. Evolución histórica. Recursos e aplicacións das novas tecnoloxías da información en centros de documentación. Os novos soportes. Publicacións electrónicas.

Tema 21. Os sistemas integrados de xestión bibliotecaria.

Tema 22. Bases de datos. Estructura e acceso á información. Bases de datos especializadas na área económico-social.

Tema 23. Internet. Recursos e aplicacións para centros de documentación. World Wide Web. Fontes de información en Internet especializadas na área económico-social.

Tema 24. Normalización. Principais normas ISO para bibliotecas e centros de documentación.

Tema 25. Cooperación bibliotecaria. Procesos e resultados.

Tema 26. Redes de bibliotecas e centros de documentación.

Tema 27. Sistema español de bibliotecas e centros de documentación.

Tema 28. Lexislación española e galega de bibliotecas e centros de documentación.

Tema 29. Panorama da industria e a producción editorial en España e Galicia na actualidade.

Tema 30. O ISBN. O depósito legal.

Tema 31. Estatística e probabilidade. Estatística para bibliotecas e centros de documentación. Bibliometría.

Tema 32. Estudios de usuarios.

Tema 33. Xestión económica e orzamentaria en servicios de información e documentación. Xestión dos

recursos humanos en servicios de información e documentación.

Tema 34. Consello Económico e Social de Galicia. Creación, composición e atribucións. Funcionamento do Consello. Consello Galego de Relacións Laborais.

Tema 35. Informática. Concepto de informática. Nocións de microordenadores. Sistemas operativos. Elementos físicos.

Tema 36. Constitución española de 1978. Estructura e contido. Estatuto de autonomía de Galicia. Estructura e contido. Organización da Xunta. O Parlamento, a Xunta, o Presidente.

TEMARIO PARA REALIZAR NA FASE DE OPOSICIÓN

Praza: Dirección do Departamento de Xestión.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Estructura e contido.

Tema 2. Estatuto de autonomía de Galicia. Estructura e contido. Organización da Xunta. O Parlamento, a Xunta, o Presidente.

Tema 3. Dereitos e deberes fundamentais. Suspensión. Garantías.

Tema 4. A Coroa. As Cortes. O Goberno.

Tema 5. O Defensor do Pobo. O Ministerio Fiscal.

Tema 6. Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Supremo.

Tema 7. O Tribunal de Contas. Tribunal Constitucional.

Tema 8. A función pública . Relación funcionarial.

Tema 9. Persoal laboral. O convenio colectivo único do personal laboral da Xunta de Galicia.

Tema 10. Consello Económico e Social de Galicia. Lei e Regulamento de réxime interno.

Tema 11. Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Tema 12. O procedemento administrativo. Iniciación. Instrucción. Terminación. Execución.

Tema 13. A revisión. Os recursos administrativos.

Tema 14. O acto administrativo. Eficacia, validez e execución.

Tema 15. As reclamacións previas ás vías civil e laboral.

Tema 16. A potestade sancionadora.

Tema 17. Os órganos administrativos. Principios de organización.

Tema 18. Administracións públicas e as súas relacións. Órganos colexiados.

Tema 19. Administración local.

Tema 20. Administración institucional e corporativa. Especial referencia ás sociedades públicas.

Tema 21. Os contratos administrativos. Formas de adxudicación.

Tema 22. A xurisdicción contencioso-administrativa. Proceso ordinario.

Tema 23. A xurisdicción contencioso-administrativa. Procesos especiais. Os recursos.

Tema 24. Responsabilidade patrimonial da Administración.

Tema 25. O dereito do traballo. Fontes. Os convenios colectivos.

Tema 26. O contrato de traballo. Tipoloxía.

Tema 27. As prestacións do traballador. Xornada, descansos, permisos.

Tema 28. Extinción do contrato de traballo. O despedimento.

Tema 29. Dereitos sindicais. Liberdade sindical. Representación sindical dos traballadores e dos funcionarios públicos: réxime electoral.

Tema 30. Dereito da Seguridade Social. Estructura. Ámbito subxectivo. Xestión.

Tema 31. Seguridade Social: réxime xeral. Requisitos. Financiamento. Especial referencia á cotización. Acción protectora.

Tema 32. Procedemento laboral. Proceso ordinario.

Tema 33. Procesos laborais especiais. Medios de impugnación.

Tema 34. Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Tema 35. Informática. Concepto de informática. Nocións sobre microordenadores. Sistemas operativos. Elementos físicos.

TEMARIO PARA REALIZAR NA FASE DE OPOSICIÓN

Praza: Dirección do Gabinete da Presidencia.

Tema 1. Políticas de comunicación en empresas ou institucións.

1.1. Selección de públicos.

1.2. As mensaxes. Qué dicir.

1.3. Cómo envía-las nosas mensaxes. Selección de medios.

1.4. O papel dos medios públicos.

1.5. Elementos de feed-back. As mensaxes do receptor.

1.6. Integración de mensaxes e políticas xerais de comunicación.

Tema 2. Os medios de comunicación. Prensa.

2.1. Desenvolvemento histórico.

2.2. Tecnoloxía.

2.3. Xéneros periodísticos.

2.4. Información institucional.

2.5. Publicacións especializadas.

Tema 3. Os medios de comunicación. A radio.

3.1. Evolución histórica.

3.2. Tecnoloxía.

3.3. Os xéneros en radio.

3.4. A vantaxe da proximidade.

Tema 4. Os medios de comunicación. A TV.

4.1. As orixes do medio.

4.2. Tecnoloxía.

4.3. Información e entretemento.

4.4. A importancia da TV local ou rexional.

4.5. Novas formas de TV: cable, satélite, redes...

Tema 5. Os medios de comunicación como receptores de información institucional.

5.1. O papel dos medios. Intermediarios ante o público.

5.2. Relacións cos medios escritos.

5.3. Relacións coas emisoras de radio.

5.4. Relacións coa televisión.

Tema 6. O papel dos gabinetes de comunicación.

6.1. Composición.

6.2. Organización.

6.3. Lugar no organigrama da empresa ou institución.

6.4. Comunicación interna e externa.

6.5. Producción de boas noticias.

6.6. Creación de imaxe de empresa.

6.7. Iniciativas comunicacionais e políticas de defensa.

6.8. Reaccións ante elementos negativos.

Tema 7. Políticas de relacións públicas.

7.1. Líderes de opinión.

7.2. O labor dos responsables da entidade.

7.3. Integración de políticas externas.

Tema 8. Mix comunicacional.

8.1. Información.

8.2. Relacións públicas.

8.3. Marketing.

8.4. Publicidade.

8.5. Comunicación global.

Tema 9. Publicacións de empresa. Concepción, deseño, elaboración e distribución.

9.1. Selección de contidos.

9.2. Formatos: boletíns, revistas, libros, memorias...

9.3. Redacción.

9.4. Deseño e maquetación.

9.4.1. Utilización de aplicacións informáticas de edición.

9.4.2. Maquetación no contorno Macintosh.

9.5. Control de sistemas de filmación e impresión.

9.6. Utilización deste soporte como elemento de imaxe.

Tema 10. Relacións institucionais. Protocolo.

Tema 11. Sistemas de calidade.

11.1. A importancia da calidade.

11.2. Cara á calidade total.

11.3. Normalización e homologación.

11.3.1. Normas DIN, UNE, ISO...

11.3.2. A implantación das normas ISO-9.000.

11.4. Implicación do persoal no obxectivo da calidade total.

11.5. Establecemento de sistemas e revisión continua.

Tema 13. O Consello Económico e Social de Galicia. Organización, composición. Funcionamento do Consello.

Tema 14. Consello Galego de Relacións Laborais. Organización, Composición. Funcionamento do Consello.

Tema 15. Constitución española de 1978. Estructura e contido.

Tema 16. Estatuto de autonomía de Galicia. Estructura e contido. Organización da Xunta. O Parlamento, a Xunta, o Presidente.

Tema 17. Informática. Concepto de informática. Nocións sobre microordenadores. Sistemas operativos. Elementos físicos.

TEMARIO PARA REALIZAR NA FASE DE OPOSICIÓN

Praza: administrador da rede informática.

Tema 1. Hardware PC.

Tema 2. Periféricos no contorno PC.

Tema 3. Sistemas operativos.

Tema 4. MS-DOS, Windows 3.11, Windows 95.

Tema 5. Arquitectura e estándares de comunicación.

Tema 6. Hardware LAN. Tecnoloxías de comunicación.

Tema 7. NOS.

Tema 8. LAN'S peer to peer: Windows 3.11 e Windows 95.

Tema 9. LAN baseadas en servidor: Novell Netware.

Tema 10. Comunicacións.

Tema 11. Bases de datos relacionais. Os SGBD.

Tema 12. Linguaxe de programación XBASE.

Tema 13. MS-Access.

Tema 14. Aplicacións ofimáticas. Procesadores de textos. Follas de cálculo.

Tema 15. MS Word. MS Excel.

Tema 16. Internet.

Tema 17. Conceptos básicos de estatística e probabilidade.

Tema 18. Tipos de distribución. Distribucións binomial, normal e log normal.

Tema 19. Análises de datos en distribucións normais. T de Student. Chi cadrado. F de snédecor.

Tema 20. Regresión lineal.

Tema 21. Consello Económico e Social de Galicia. Creación, composición e atribucións. Funcionamento do Consello. O Consello Galego de Relacións Laborais.

Tema 22. Constitución española de 1978. Estructura e contido.

Tema 23. Estatuto de autonomía de Galicia. Estructura e contido. Organización da Xunta. O Parlamento, a Xunta, o Presidente.

TEMARIO PARA REALIZAR NA FASE DE OPOSICIÓN

Praza: auxiliares administrativos. Técnicos auxiliares de informática.

Tema 1. A Constitución Española de 1978: estructura e contido.

Tema 2. As Cortes Xerais. Composición. Atribucións e funcionamento. A elaboración de leis. Os tratados internacionais.

Tema 3. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Supremo. O Ministerio Fiscal.

Tema 4. O Goberno e a Administración. O Presidente do Goberno. O Consello de Ministros, secretarios de Estado e subsecretarios. Directores xerais. Órganos da Administración periférica.

Tema 5. A organización territorial do Estado na Constitución. A Administración local: a provincia e o municipio. As comunidades autónomas: a súa constitución, competencias. Os estatutos de autonomía. Administración institucional.

Tema 6. Estatuto de autonomía galego. Organización da Xunta de Galicia.

Tema 7. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Os recursos administrativos: conceptos e clases.

Tema 8. O persoal laboral ó servicio das administracións públicas. Dereitos, deberes, incompatibilidades. O contrato laboral, contido, duración e suspensión. Negociación laboral. Conflicto e convenios colectivos. O convenio colectivo do persoal laboral da Xunta.

Tema 9. O sistema español de Seguridade Social. Réxime xeral: acción protectora. Continxencias cubertas. Concepto e clases de prestacións.

Tema 10. Consello Económico e Social de Galicia. Creación, composición e atribucións. Funcionamento do Consello. Réxime económico e administrativo.

Tema 11. Informática. Concepto. Nocións sobre microordenadores. Sistemas operativos. Elementos físicos.

Tema 12. Informática. Aplicacións de oficina. Tratamento de textos. Folla de cálculo. Bases de datos relacionais. Correo electrónico.

Tema 13. Estatística e probabilidade. Teoría e supostos prácticos.

ANEXO III

BAREMO E RELACIÓN DE MÉRITOS QUE DEBEN TERSE EN CONTA NA FASE DE CONCURSO

Concurso de méritos.

A comisión de selección valorará os méritos de acordo co seguinte baremo:

I. Méritos profesionais:

-Experiencia profesional en posto de traballo relacionado coa vacante obxecto da convocatoria: 3 puntos/mes. Máximo: 80 puntos.

-Historia da vida laboral da Seguridade Social: 0,2 puntos/mes. Máximo 20 puntos.

II. Méritos académicos:

-Titulación académica oficial distinta á esixida na convocatoria e relacionada co contido funcional do posto que se vai cubrir:

Por cada licenciatura: 20 puntos. Máximo 20 puntos.

Polo título de doutor: 20 puntos. Máximo 20 puntos.

Por cada diplomatura: 10 puntos. Máximo 20 puntos.

Por cada curso de postgrao: 5 puntos. Máximo 30 puntos.

-Título académico oficial de iniciación e perfeccionamento de galego, agás para aquelas prazas para as que sexa requisito mínimo específico:

Título de perfeccionamento: 10 puntos.

% Valoración do concurso de méritos

Méritos profesionais50%

Méritos académicos50%

III. Non se valorarán as titulacións imprescindibles para a consecución doutras de nivel superior que se aleguen como mérito.

IV. Non se puntuará a titulación obrigatoria para o desempeño do posto de traballo.

ANEXO IV

EXERCICIOS, PROBAS E SISTEMA DE CUALIFICACIÓN DAS PROBAS

I. Exercicios e probas:

I.A. Normas comúns.

Constará de dous exercicios:

Exercicio 1º.

Proba I. Exame tipo test de 100 preguntas, con respostas alternativas. Para a súa corrección teranse en conta as seguintes normas:

-1 punto por cada resposta correcta.

-Descóntanse 0,5 puntos por cada resposta incorrecta.

-As respostas en branco non puntúan.

-As dobres respostas e as que non estean claras considéranse incorrectas.

Proba II. Exame de galego, o cal consistirá nunha traducción para o galego dun texto do DOG.

Exercicio 2º.

Proba única. Exame práctico de informática sobre Microsoft Office.

I.B. Normas específicas.

I.B.1. Dirección do Departamento de Xestión.

-O primeiro exercicio constará de tres probas:

Proba I: exame tipo test conforme as normas comúns.

Proba II: exame de galego conforme as normas comúns.

Proba III: caso práctico en relación ás funcións que se van desenvolver.

-O segundo exercicio: conforme as normas comúns.

I.B.2. Centro de Documentación e Apoio ó Consello.

-O primeiro exercicio constará de tres probas.

Proba I: exame tipo test conforme as normas comúns.

Proba II: exame de galego conforme as normas comúns.

Proba III: exame de inglés, o cal consistirá nunha traducción para o inglés dun texto do DOG en galego.

-O segundo exercicio: conforme as normas comúns.

I.B.3. Administrador da rede informática.

-O primeiro exercicio: conforme as normas comúns.

-O segundo exercicio:

Proba única: aplicacións ofimáticas, comunicacións e redes.

II. Sistema de cualificación:

Tódalas probas puntuaranse sobre 100, sendo preciso acadar un mínimo de 50 para superar cada unha delas.

% Valoración das probas do primeiro exercicio

Prazas:Proba 1ªProba 2ªProba 3ª

Centro de Documentación e Apoio ó Consello80%10%10%

Dirección do Departamento de Xestión70%10%20%

Dirección do Gabinete da Presidencia90%10%

Administrador da rede informática90%10%

Auxiliares administrativos90%10%

% Valoración dos exercicios

Prazas:Exercicio 1ºExercicio 2º

Centro de Documentación e Apoio ó Consello80%20%

Dirección do Departamento de Xestión80%20%

Dirección do Gabinete da Presidencia80%20%

Administrador da rede informática50%50%

Auxiliares administrativos70%30%

2380