Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 08 de abril de 1997 Páx. 3.232

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 11 de marzo de 1997 pola que se autoriza o carácter retribuído da irradiación de compoñentes sanguíneos e da realización de probas analíticas pola Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

De acordo coas funcións asignadas ó Centro de Transfusión de Galicia polo Decreto 462/1990, do 20 de setembro, polo que se regula a hemodoazón-hemoterapia e os bancos de sangue en Galicia, os estatutos da fundación Centro de Transfusión de Galicia conteñen no seu artigo 7 as finalidades desta. Entre estas pódense cita-las seguintes:

«d) Abastecemento de sangue e derivados a tódolos hospitais e centros sanitarios públicos e privados da Comunidade Autónoma de Galicia consonte as súas necesidades.

r) Calquera outra actividade tendente á planificación, coordinación e mellora da actividade relacionada coa captación de doadores, extracción, tratamento e distribución de sangue e os seus derivados no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia».

s) A realización das determinacións analíticas que estean dentro das competencias do centro e que sexan solicitadas polos hospitais da área de actuación (probas de compatibilidade pretransfusional, VIH, marcadores de hepatite, anemias hemolíticas...)."

Conforme ó anterior, e logo de estudio pormenorizado dos custos do servicio, o padroado da fundación aprobou, na súa reunión do 8 de marzo de 1995, a tarifa por irradiación de compoñentes sanguíneos, que se aplicará como un suplemento á de cada hemoderivado irradiado.

Así mesmo, na reunión do padroado da fundación, celebrada o 23 de decembro de 1996, acordouse o establecemento de prezos por realización de probas analíticas e a modificación dalgún dos xa existentes e solicitar que lle sexa concedida autorización á fundación para a aplicación destes, segundo o anexo que se xunta. Os prezos xa existentes publicáronse no Diario Oficial de Galicia do 17 de abril de 1995, concretamente na Orde do 16 de marzo de 1995, pola que se autoriza o carácter retribuído da realización de probas analíticas polo Centro de Transfusión de Galicia (DOG nº 73, do 17 de abril de 1995).

Con data do 6 de novembro de 1996 e 27 de febreiro de 1997, a Fundación Centro de Transfusión de Galicia solicitou a este protectorado as autorizacións para a aplicación das tarifas por irradiación de compoñentes sanguíneos e para a aplicación dos prezos por realización de probas analíticas, respectivamente.

Dentro das funcións de tutela e garantía, de acordo co artigo 21.2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle ó protectorado conceder autorización ás fundacións para a realización de actividades ou prestación de servicios retribuídos ós seus beneficiarios, sempre que tales actividades ou servicios sexan de interese xeral para a Comunidade Autónoma e as cantidades que a fundación perciba por elas non excedan do custo real do servicio ou actividade prestados.

Por todo o anterior, a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, vistas as memorias xustificativas presentadas pola fundación Centro de Transfusión de Galicia, en exercicio das atribucións previstas no artigo 21 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño,

ACORDA:

Primeiro.-Autorizarlle á Fundación Centro de Transfusión de Galicia o carácter retribuído da irradiación de compoñentes sanguíneos e da realización de probas analíticas, segundo o anexo desta orde.

Segundo.-Deixar sen efecto a Orde do 16 de marzo de 1995, pola que se autoriza o carácter retribuído da realización de probas analíticas polo Centro de Transfusión de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1997.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Tarifas do Centro de Transfusión de Galicia

A) Irradiación de compoñentes sanguíneosTarifa

Por cada compoñente 4.000

B) Probas analíticasTarifa

Antíxeno de superficie de hepatite B (HBsAx) 800

Anti-HBc Total (IgG + IgM) Core 1.600

Anti HBc (IgM) 1.700

Confirmatorio VHB (ELISA) 3.000

Anticorpos hepatite C (Anti-VHC) 1.600

Confirmatorio VHC (Western Blot) 6.000

Confirmatorio VHC (Riba 3) 9.000

Anticorpos anti VIH 1+2 1.000

Antíxeno VIH (p24 ELISA) 4.000

Confirmatorio VIH (Western Blot) 7.000

Anticorpos HTLV I e II 1.400

Anticorpos VHA (IgM) 2.750

Anticorpos CMV (IgG + IgM) 1.500

Marcadores hepatite B (HbsAx, HbcAx, Anti Hbc,

Anti HBs) 5.000

Seroloxía doadores (HbsAx, AntiVIH, Anti VHC,

lues) 3.200

PCR VHC 12.000

PCR VIH 12.000

PCR HTLV I 16.000

PCR HTLV II 16.000

Estudio de anemias hemolíticas 10.000

Tipaxe ABO e Rh 750

Escrutinio de anticorpos irregulares 1.100

Tipaxe a outros antíxenos eritrocitarios 1.900

Linfoproliferativos 12.000

Mieloproliferativos 9.539

Pob. celulares: linfocitos B 1.700

Pob. celulares: linfocitos T 1.700

Pob. celulares: linfocitos T4 2.000

Pob. celulares: linfocitos T8 2.000

Pob. celulares: monocitos 2.000

Sindr. Mielo-linfoproliferativos

(por marcador) 2.000

Ciclo ADN Tipaxe HLA clase I (A e B) 7.875

LCT 25.000

Tipaxe HLA DR baixa resolución PCR-SSP 17.000

Tipaxe HLA LOCUS PCR (DQ e DR) 30.000

Cultivo mixto de linfocitos 51.000

Tipaxe HLA-A baixa resolución PCR-SSP 16.000

Tipaxe HLA-B baixa resolución PCR-SSP 33.000

Tipaxe HLA-C baixa resolución PCR-SSP 13.000

Tipaxe HLA DRB1 alta resolución PCR-SSP 31.000

Tipaxe HLA DQB1 alta resolución PCR-SSP 18.000

Tipaxe HLA DPB1 alta resolución PCR-SSP 33.000

Detección de células epiteliais en productos

de aférese (inmunocitoquímica) 25.000

Selección positiva de precursores

hematopoxéticos675.600

Selección negativa de precursores

hematopoxéticos371.000

Monoclonal adicional en selección negativa

de precursores hematopoxéticos 91.760

Detección de translocación t(14;18) (PCR) 30.000

2405