Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 08 de abril de 1997 Páx. 3.228

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de marzo de 1997 pola que se fai pública a relación de cursos de especialización que foron homologados no ano 1996 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu artigo 31, que é competencia plena desta Comu-

O Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu artigo 31, que é competencia plena desta Comu

nidade Autónoma o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias e sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que o desenvolven.

A Orde do 11 de xaneiro de 1996 (BOE do 23), pola que se homologan cursos de especialización para o profesorado de educación primaria, de educación especial e do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria e de habilitación para os profesionais do primeiro ciclo de educación infantil, no seu artigo décimo segundo, posibilita que os órganos competentes das comunidades autónomas que se atopen no pleno exercicio das súas competencias educativas poderán declarar equivalentes ós cursos regulados nesta aqueloutros que, organizándose a través dunha universidade, e nas mesmas áreas de especialización previstas, foran convocados con anterioridade á entrada en vigor dela e reúnan os requisitos que se establecen en canto a condicións de acceso e contidos básicos de formación; que a equivalencia se establecerá mediante a resolución oportuna, logo de solicitude do organismo convocante; e que a citada declaración de equivalencia implicará a correspondente homologación dos cursos realizados.

Por todo isto,

DISPOÑO:

1. Facer pública, conforme figura no anexo, a relación de cursos de especialización homologados no ano 1996 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederán a expedi-la certificación de habilitación correspondente ós mestres funcionarios de carreira que foron declarados aptos neles.

3. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Curso, entidade convocanteDatas de realizaciónCurso equivalente, resolución

-Curso de posgrao: «Especialista en transtornos da audición e a fala».

Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Bienio 1987-89-«Especialización de audición e linguaxe».

Resolución do 25-6-1996 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros.

-Curso de posgrao: «Especialista en transtornos da audición e a fala».

Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago.

Bienio 1988-90-«Especialización de audición e linguaxe».

Resolución do 25-6-1996 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros.

Curso, entidade convocanteDatas de realizaciónCurso equivalente, resolución

-Curso de posgrao: «Especialista en transtornos da audición e a linguaxe».

Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago.

Bienio 1989-91-«Especialización de audición e linguaxe».

Resolución do 25-6-1996 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros.

-Curso de posgrao: «Especialista en transtornos da audición e a linguaxe».

Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago.

Bienio 1990-92-«Especialización de audición e linguaxe».

Resolución do 25-6-1996 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros.

-«Magister de Logopedia».

Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago.

Bienio 1991-93-«Especialización de audición e linguaxe».

Resolución do 25-6-1996 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros

-«Magister de logopedia».

Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago.

Bienio 1992-94-«Especialización de audición e linguaxe».

Resolución do 25-06-1996 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros

-Curso de posgrao: «Especialista en transtornos da audición e a linguaxe».

Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago.

Bienio 1993-95-«Especialización de audición e linguaxe».

Resolución do 25-6-1996 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros.

-«Master de educación e terapia da linguaxe».

Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Escola Universitaria do Profesorado de E. X. B. (Ourense) da Universidade de Vigo.

Anos académicos

1992-93 e 1994-95

-«Especialización de audición e linguaxe».

Resolución do 19-6-1996 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros.

2402