Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/162-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. Ares II, Avad. Mugardos.

Situación: Ares.

Descricións técnicas: liña eléctrica suberránea de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x150) mm Al, de 570 m de lonxitude, con orixe no C.T. denominado Ares II e final no C.T. denominado Avda. de Mugardos. Reforma dos CC.TT. Ares II e Avda. de Mugardos e ampliación das redes de baixa tensión en 600 m de lonxitude, con conductor R.Z., grampado sobre fachada, subterráneo e sobre apoios de formigón. Ares.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 24 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-2247