Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/140-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. de 50 kVA e R.B.T. en Lamas.

Situación: Padrón.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e conductor LA-56, de 22 m con orixe na liña Padrón-Pontevea e final no C.T. que se vai instalar denominado Lamas. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Lamas, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 410 m de lonxitude. Padrón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 24 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2251