Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica control e vixilancia da obra de acondicionamento da C-550. Treito: Cee-Fisterra.

Adxudicatario: Enmacosa.

Orzamento: 8.235.469 ptas.

Asistencia técnica redacción estudio informativo, cartografía e impacto ambiental da nova estrada alternativas de conexion da AC-174 e da AC-162 coa R.I.G.E.

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento: 6.694.940 ptas.

Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada AC-101. Treito: Ortigueira-As Pontes(Fase I).

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento:7.564.592 ptas.

Asistencia técnica expropiación da obra de alargamento e mellora do corredor central. Treito: Escairón- Monforte. Fase II

Adxudicatario: Estudios del Noroeste S.A.

Orzamento:2.316.725 ptas.

Proxecto de construcción: acondicionamento da estrada OU-304 Xinzo- Baltar. Ourense.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos S.L.

Orzamento: 169.875.000 ptas.

Remodelación e acondicionamento da intersección de Sabón AC-410 Arteixo.

Adxudicatario: Francisco Gómez y Cía.

Orzamento: 34.183.000 ptas.

Reparación de beirarrúas e servicios na rúa Xeneral Rubín.

Adxudicatario: Movex Vial S.L.

Orzamento: 15.359.450 ptas.

Pavimentación das rúas Arcebispo Malvar, Monte León; Almirante Matos e Iglesias Vilarelle.

Adxudicatario: José Malvar, Construcciones S.A.

Orzamento: 8.775.923 ptas.

Acondicionamento da estrada C-531. Treito: N-540 Mandrás.

Adxudicatario: Acoval.

Orzamento: 47.268.433 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, e susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

97-2272