Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997 pola que se anuncia a licitación da poxa polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras de clave C/AC/97.4 e seis máis.

A) Obras.

1. Pintado de marcas viarias e balizamentos na estrada C-552 e outras.

Clave: C/AC/97.4.

Orzamento: vintenove millóns setecentas vintedúas mil setecentas noventa e dúas pesetas (29.722.792).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría c.

Garantía provisional: 594.456.

2. Sinalización vertical na estrada C-552 e outras.

Clave: C/AC/97.5.

Orzamento: trinta e un millóns setecentas catorce mil novecentas oitenta e unha pesetas (31.714.981).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: 634.300.

3. Sinalización horizontal en varias estradas de Ourense.

Clave: RC/OU/97.2.

Orzamento: cincuenta millóns trescentas cincuenta e seis mil seiscentas setenta e dúas pesetas (50.356.672).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: 1.007.133.

4. Limpeza de foxos en varias estradas de Ourense zona 1.

Clave: E/SC/97.8.

Orzamento: trinta e nove millóns cento trinta e sete mil novecentas vintenove pesetas (39.137.929).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: 782.759.

5. Limpeza de foxos en varias estradas de Ourense zona 2.

Clave: E/SC/97.9.

Orzamento: vinteoito millóns oitocentas sesenta e cinco mil cento cincuenta e unha pesetas (28.865.151).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisional: 577.303.

6. Limpeza de foxos en varias estradas de Ourense zona 3.

Clave: E/SC/97.10.

Orzamento: trinta e tres millóns cincocentas corenta mil cento sesenta e seis pesetas (33.540.166).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: 670.803.

7. Limpeza de foxos en varias estradas de Ourense zona 4.

Clave: RC/OU/97.1.

Orzamento: vintetrés millóns noventa e seis mil cincocentas setenta e sete pesetas (23.096.577).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisional: 461.932.

B) Documentos de interese para los licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como proxecto, estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposición deberán presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2327