Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto, para a contratación do servicio relativo á restauración e limpeza do campamento xuvenil Penedos de Xacinto, en Éntrimo (Ourense).

A Secretaria Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 4/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: restauración e limpeza do campamento xuvenil Penedos de Xacinto, en Éntrimo (Ourense).

b) Lugar de execución: Éntrimo (Ourense).

c) Prazo de execución: desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 1.400 ptas./praza/día, co IVE incluído. Establécese un orzamento estimado de gasto de

9.450.000 pesetas, con IVE incluído, en función dun máximo de 6.750 prazas.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano, s/n, bloque 3-1º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: (981) 54 48 21.

e) Fax: (981) 54 58 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

a) Entidade: registro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: (981) 54 56 37.

e) Fax: (981) 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: Avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

d) Teléfono: (981) 18 57 00.

e) Fax: (981) 18 57 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata el último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: Ronda de Fingoi, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfono: (982) 29 43 43.

e) Fax: (982) 29 43 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: rúa Camiño Vello Prado Lonia, s/n.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32004.

d) Teléfono: (988) 38 60 86.

e) Fax: (988) 38 60 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: rúa María Verdiales, 20.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36203 (Pontevedra).

d) Teléfono: (986) 81 70 42.

e) Fax: (986) 81 70 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: registro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981-54 58 43), ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: sétimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: ás 11 horas.

10. Gastos de anuncios:

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 15-12-1993)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

2147