Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Vendedores/as Asociados da Praza e do Mercado da Pobra.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección

de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Vendedores/as Asociados da Praza e do Mercado da Pobra, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: empresarios autónomos da praza e do mercado da Pobra.

Asinan a acta de constitución: Guillermo García Seijo e once persoas máis.

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 4 de marzo de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

2199