Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/44-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: Modf. 1 Proxec. saídas en M.T. Subest.

Situación: Porto do Son.

Descricións técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor La-110 e de 628 m de lonxitude na sua parte aérea e baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 de 3(1x240) mm Al e de 1.050 m de lonxitude, na súa parte subterránea, con orixe na subestación de Porto do Son e finais no apoio nº 66 da liña Boiro-Porto do Son (expediente 33987) e no apoio nº 73 da liña Porto do Son-Noia (expediente 24737) Porto do Son.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 25 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2246