Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa, dunha planta de coxeración que se cita. (Expediente 55/1997 R.C.I. 3.139).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Harinas del Atlántico, S.A., con domicilio social no lugar de Ribeiriñas, s/n, no concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que se executará na empresa situada no anterior enderezo:

* Planta de coxeración grupo «d» composta polos seguintes elementos:

-2 motores de combustión interna alimentados con gasóleo cunha potencia de 1.330 kW C/U.

-2 alternadores síncronos cunha potencia nominal de 1.500 kVA C/U.

-Unha liña de media tensión de 20 kV.

-Un transformador de 1.750 kVA e relación de transformación 20.000/380 V.

Aparellos eléctricos de protección, mando, sinalización e medida.

Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría que instalará a empresa no concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Orzamento: 162.700.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 20 de febreiro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2245