Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria para a instalación e prestación do servicio de televisión e telefonía no complexo hospitalario. (Expediente 1/1997).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artígo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), convoca o seguinte concurso:

-Expediente 1/1997:

1. Obxecto: instalación e prestación do servicio de televisión e telefonía no Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

2. Prazo de execución: 5 anos contados a partir da data de formalización do contrato podendo prorrogarse antes da súa finalización ou de calquera das súas prórrogas, por períodos iguais de tempo, por mutuo acordo das partes.

3. Garantía provisional: 100.000 ptas.

4. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da

Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio. BOE nº 119, do 19 de maio).

7. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).

8. Criterios de adxudicación:

1. Condicións económicas (canon ofertado, tarifas): ata 3 puntos.

2. Características técnicas das instalacións ofertadas (equipos, complexidade da instalación, calidade dos materiais, etc.): ata 3 puntos.

3. Características funcionais:

-Capacidade e facilidade de establecer chamadas directas entrantes dos teléfonos.

-Organización e funcionamento do servicio de telefonía e televisión.

-Condicións de seguridade e calidade na prestación do servicio.

-Recursos humanos que se destinarán ó servicio.

-Facilidade do uso e fiabilidade do sistema de cobro do servicio ós usuarios: ata 3 puntos.

4. Experiencia en instalacións ou servicios similares: ata 3 puntos.

5. Prestacións e servicios adicionais ofertados:

-Posible aportación dun sistema integral de control de entrada e presencia de visitantes, incluíndo o soporte técnico ou informático axeitado para a súa inmediata operatividade ou outras: ata 3 puntos.

-Gratuidade do servicio de televisión nas habitacións do servicio de Pediatría: ata 3 puntos.

9. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono nº (986) 81 60 23 e fax nº (986) 81 60 65.

10. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas descritas no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do hospital xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

13. Anuncios: os anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 7 de marzo de 1997.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

2464