A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público para a adquisición de marcapasos para implantar en pacientes:
1. Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, Dirección de Xestión, Servicio de Compras, r/ Ramón Puga, 52, 32005 Ourense, teléfono (988) 38 57 02, fax (988) 38 58 49.
2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público polo procedemento aberto.
3. a) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor.
b) Natureza e cantidade dos productos que deben subministrarse:
-Lote nº 1: 35 marcapasos modo de estimulación VVI, multiprogramable.
-Lote nº 2: 15 marcapasos modo de estimulación VVIR.
-Lote nº 3: 15 marcapasos modo de estimulación DDD, multiprogramable.
-Lote nº 4: 20 marcapasos modo de estimulación DDDR.
Orzamento total: corenta e sete millóns trescentas trinta e sete mil cen pesetas (47.337.100) IVE incluído.
c) División por lotes: pode licitarse á totalidade dos lotes que se van subministrar, ou sobre algún ou algúns deles.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de condicións.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: ver punto nº 1.
b) Data límite para efectua-la solicitude: 28-4-1997.
6. a) Data límite de recepción das propostas: 5-5-1997.
b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, nº 52. Edificio de administración - planta baixa; 32005 Ourense.
c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: galego ou castelán.
7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da devandita apertura: sala de xuntas da Dirección de Xestión do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor a partir das 9 horas do día 16-5-1997.
8. Garantías esixidas:
-Provisional: 2% do importe do orzamento correspondente ó lote ou lotes a que se concorra (ver cláusula 9.2.10) do prego de cláusulas administrativas particulares).
-Definitiva: 4% do importe de licitación (ver cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).
9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas.
10. Forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicatarias da contratación: U.T.E.
11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter eco
nómico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.
13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas.
14. Información complementaria: ver prego de cláusulas administrativas.
15. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación:
16. Data de envío do anuncio: 13-3-1997.
17. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):
18. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución, será por conta do/s adxudicatario/s.
Ourense, 5 de marzo de 1997.
Pedro A. Soler Bordoy
Director xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense
2124