Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Santa Mariña, no río As Balsadas, termo municipal de Ourol, provincia de Lugo, se aproba o proxecto de execución e se recoñece como instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica. (Expediente CH-LU 3/1997).

Visto o escrito presentado por Francisco López-Santos, con enderezo para efectos de notificacións na rúa Agastía, nº 80, 28043-Madrid, no que solicita autorización administrativa, aprobación do proxecto das novas instalacións electromecánicas e recoñecemento de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica (REPE) da central hidroeléctrica de Santa Mariña, sita no río As Balsadas, concello de Ourol, provincia de Lugo, téñense en conta os seguintes

FEITOS:

Primeiro: o 14 de outubro de 1987 Auxime, S.A. presentou solicitude de concesión de 1.250 litros/s de auga do río As Balsadas, con destino á producción de enerxía eléctrica, no termo municipal de Ourol, provincia de Lugo, acompañando a documentación esixida no Real decreto 916/1985, do 25 de maio, polo que se establece o procedemento abreviado de tramitación de concesións e autorizacións administrativas para a instalación, ampliación ou adaptación de aproveitamentos hidroeléctricos cunha potencia nominal que non exceda de 5.000 kVA, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo.

Segundo: a solicitude de autorización administrativa da central someteuse a trámite de información pública, para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, seguindo o procedemento establecido no Real decreto 916/1985, do 25 de maio, citado con anterioridade.

Terceiro: o 22 de agosto de 1989, a Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas resolveu outorga-la concesión de aproveitamento no río As Balsadas, para un caudal máximo de 1.250 litros/s e un salto bruto de 157,5 metros.

Cuarto: o 17 de xaneiro de 1996, a Comisión Galega de Medio Ambiente acordou formula-la declaración de efectos ambientais, que lle foi notificada ó titular da concesión, quen por medio de senllos escritos presentados o 25 de marzo e o 3 de abril

de 1996, solicitou a revisión da mencionada declaración no referente ás condicións que fixaban os caudalis ecolóxicos.

O 19 de xuño de 1996, a Comisión Galega de Medio Ambiente formulou unha nova declaración de efectos ambientais.

Quinto: as instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Santa Mariña, segundo o proxecto de execución desta, asinado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Jorge Caveda Aspiazu e polo enxeñeiro industrial Guillermo Planas Roca, constan dun equipo productivo, para situar nun edificio de 18,00x8,00 m, constituído polos seguintes elementos:

- Unha turbina Francis, de eixe horizontal, de 1.656 kW de potencia nominal, velocidade nominal de 1.000 r.p.m. e salto neto de 151,50 metros.

- Un xerador síncrono trifásico de 2.000 kVA de potencia, tensión nominal de 6.000 V e frecuencia 50 Hz.

- Un transformador de potencia trifásico de 2.000 kVA, grupo de conexión YNd11, relación de transformación 6/20 kV.

- Unha ponte guindastre birrail, de 7,70 metros de luz entre carrís, percorrido de gancho de 6 metros e peso máximo de izado 15.000 Kg.

- Celas de trafo de potencia, de protección de trafo, de interruptor de interconexión, de medida e protección e de acometida.

- Instalacións de medida, control, protección e manobra.

Sexto: o 15 de xaneiro de 1997, o delegado provincial de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable, propoñendo a aprobación do proxecto e a inclusión da instalación no réxime especial de instalacións de producción de enerxía eléctrica, grupo f).

Fundamentos de dereito

Primeiro: a Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2.563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro e Real decreto 916/1985, do 25 de maio, citados con anterioridade.

Segundo: no expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o antedito e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1º) Autorizarlle a Auxime S.A. a instalación dos equipos electromecánicos reflectidos no proxecto electromecánico Central Hidroeléctrica de Santa Mariña, no río As Balsadas, concello de Ourol, provincia de Lugo.

2º) Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica referida.

3º) Recoñecerlle a esta instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, e incluíla no grupo f) do artigo 2 do dito real decreto.

Queda obrigada a empresa titular da instalación, a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade, medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

2091