Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Santa Marta-Albeos
Situación: Crecente.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 13 metros de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. Frieira-Arbo rematando no C.T. que se proxecta en Santa Marta-Albeos, concello de Crecente. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 355 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 26 de febreiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1994