Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Balvís.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea a 15 kV, de 130 metros de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 24-1 da L.M.T. Balaídos-Gondomar na súa derivación ó C.T. A Mo, rematando no C.T. Balvís, concello de Vigo. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea de 50 metros de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 26 de febreiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1995