Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 02 de abril de 1997 Páx. 2.955

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 17 de marzo de 1997 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciado pola Orde do 5 de febreiro de 1997.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia, por Orde do 5 de febreiro de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 31, do 14 de febreiro), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería,

DISPÓN:

1. Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciado pola Orde do 5 de febreiro de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 31, do 14 de febreiro).

2. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e selecciona-lo funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

3. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, foran concedidas ó interesado. No suposto de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

4. O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

5. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1997.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

NRP/DNI: 3530918524A2060

Grupo: A.

Apelidos e nome: Miguel A. López Sieiro.

Código: OT.B01.00.002.15770.021.

Denominación do posto de traballo: xefe Unidade Xestión de Ingresos.

Centro directivo: departamento Réxime Económico Financeiro.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Admón. Xral.

Nivel: 28.

Específico: 1.639.104.

2369