Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCION do 25 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, polo trámite de urxencia, para a asistencia á realización dunha campaña publicitaria sobre seguridade e hixiene no traballo, que se vai emitir por televisión.

1.-Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Relacións Laborais.

c) Número do expediente: 97/13/757.

2.-Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: asistencia para a realización dunha campaña publicitaria sobre seguridade e hixiene no traballo, que se vai emitir por televisión.

3.-Orzamento base da licitación.

Importe total: 30.000.000 de pesetas, IVE incluído.

4.-Prazo de execución do contrato: 3 meses.

5.-Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación (1.200.000 pesetas).

6.-Presentación das proposicións.

a) Lugar: no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais sito no complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará ós trece días naturais, ás 14 horas, agás que o último día sexa inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas proposicións en tres sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas, indica-lo número no sobre.

7.-Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

8.-Modelo de proposición: a que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9.-Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: a empresa debe estar clasificada no grupo III, subgrupo 3, categoría B.

10.-Prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas: tódolos interesados poderán obtelos no Servicio de Seguridade e Hixiene da Dirección Xeral de Relacións Laborais sito no complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta de Santiago de Compostela, teléfono 981/54 47 71.

11.-Apertura das proposicións: terá lugar en acto público na sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano, nº 1 de Santiago de Compostela) ás 10 horas do día 29 de abril de 1997.

12.-Solvencia económico-financeira e técnica dos licitadores: as condicións mínimas de carácter eco

nómico e técnico ás que se deberán axusta-los licitadores veñen establecidas na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (apartados 5 e 6).

13.-Criterios de adxudicación do concurso: relaciónanse na cláusula 5ª do prego de cláusulas administrativas particulares e 5ª do prego de prescricións técnicas.

14.-Variantes: non se admiten.

15.-Prazo no que o licitador está na obriga de mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

16.-Anuncio: os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

2386