Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de planta de tratamento de pilas, que se desexa instalar na Planta de Tratamento de Residuos Industrias de Galicia no concello das Somozas.

O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, (DOG nº 199, do 15-10) de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais se someterán ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de planta de tratamento de pilas, que se desexa instalar na Planta de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, no Concello das Somozas (A Coruña).

Segundo.-Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta en:

-Dirección Xeral de Industria.

-Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial do Medio Ambiente) da provincia da Coruña.

-Concello das Somozas (A Coruña).

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de quince días.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

2385