Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Barrio, Outeiro e Vila de Cais.
Situación: Incio.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 761 metros, sobre apoios de formigón. Centros de transformación de 50 kVA, 20.000/380-220 V, sobre apoio de formigón, rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al, para mellora do servicio eléctrico en Barrio, Outeiro e Vila de Cais, concello do Incio.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,
RESOLVE:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 24 de febreiro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1890.