Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/409-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Eléctrica Sestelo y Cía.

Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. de enlace sub. Bugarín con L.M.T. Ponteareas-Vilasobroso.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 390 m de lonxitude, con conductor de 3x150 mm de sección, e 804 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón, desde a subestación Bugarín pasando polo centro de distribución da empresa Sestelo, ata a liña existente de Ponteareas-Sobroso, entre os apoios 14 e 15, concello de Ponteareas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 1619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 20 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1893