Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.877

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do Acordo Marco de Funcionarios do Concello da Pobra do Caramiñal.

Visto o texto do acordo regulador das condicións de traballo dos funcionarios do Concello da Pobra do Caramiñal, aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o vintecatro de outubro de 1996 e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, de 12 de xuño, sobre órganos de representación, determinacións das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas. Esta delegación provincial,

RESOLVE:

Primeiro.-Admiti-lo depósito do citado acordo na sección de mediación, arbitraxe e conciliación desta delegación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de xaneiro de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada Provincial da Coruña

Acordo regulador das condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do Concello da Pobra do Caramiñal (1996-1997-1998)

Capítulo I

Cláusulas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

A regulación das condicións de traballo contidas no presente acordo serán de aplicación ó persoal da Pobra do Caramiñal relacionado co cadro de persoal de funcionarios, sen prexuízo das previsións específicas que para os funcionarios se establezan no seu réxime estatutario.

Así mesmo, será de aplicación ós traballadores xubilados de Concello da Pobra do Caramiñal nos aspectos nos que o presente convenio lles sexa de aplicación.

Outro tipo de contratacións gozarán dos beneficios sociais que se indiquen na disposición derradeira correspondente e nas condicións que nela mesma se establezan.

Artigo 2º.-Período de vixencia.

O presente acordo terá vixencia desde a data da súa aprobación polo órgano de goberno competente, sen prexuízo da súa publicación no BOP, e manteraa ata o 31 de decembro de 1998, podendo, non obstante, revisarse anualmente se ámbalas dúas partes o consideran oportuno por razóns derivadas da modificación do marco legal no que se encadran as relacións ou calquera outra causa obxectiva.

As melloras económicas acordadas aplicaranse con efectos retroactivos do 1 de febreiro de 1996.

Artigo 3º.-Denuncia do acordo.

O presente acordo considérase tacitamente prorrogado por períodos anuais naturais de non mediar denuncia das partes cun prazo de aviso previo de 3 meses respecto da data na que remata a vixencia del, e continuará en vigor ata que se logre acordo entre as partes. A negociación iniciarase no prazo máximo de 2 meses a partir da ruptura de cada proceso negociador que se leve a cabo.

Artigo 4º.-Comisión de interpretación, vixilancia e estudio (CIVE).

Constituirase dentro do mes seguinte á aprobación deste acordo e estará composta por un representante de cada un dos grupos políticos municipais e outro de cada unha das organizacións sindicais asinantes do acordo.

A comisión reunirase con carácter ordinario unha vez ó mes, na data e hora que acorde na primeira sesión que teña lugar, debéndose comunicar por escrito da presidencia calquera alteración que se produza.

Así mesmo poderá reunirse con carácter extraordinario cando a convoque a presidencia por propia iniciativa ou a solicitude dun número de membros da comisión que represente un 50% do total con que conta. Neste último caso a presidencia deberá convoca-la comisión nun prazo máximo de 72 horas para a súa realización nos 3 días seguintes á data da convocatoria.

Tódalas convocatorias que realice a presidencia ou a vicepresidencia, cando substitúa a aquela nos casos legalmente previstos, deberán efectuarse por escrito, a través de calquera medio que acredite a súa recepción polos destinatarios.

A presidencia desempeñaraa o concelleiro -delegado de persoal e a vicepresidencia un representante das seccións sindicais municipais elixido de entre elas.

Recoñéceselle á presidencia voto de calidade para dirimi-los empates.

Poderanse nomear asesores cando a Comisión o estime oportuno pola índole dos temas que se van tratar.

A CIVE asumirá as funcións de interpretación, vixilancia e estudio do pactado, así como o seguimento de cantos temas integran este instrumento xurídico durante a totalidade da súa vixencia.

Os acordos sobre a interpretación do pactado neste documento serán vinculantes para as partes asinantes, aínda que previamente á súa entrada en vigor deberán ser comunicados á corporación, que no caso de considerar que o acordo da CIVE é ilegal, modifica o acordo ou incide en atribucións reservadas ós órganos do concello, ou poida deixar sen efecto, sen prexuízo dos recursos que procedan.

Por outra parte, o secretario xeral remitiralle á CIVE calquera resolución dos órganos municipais que teñan relación co contido deste acordo, para que a comisión

poida exerce-las súas funcións de vixilancia e control do seu cumprimento.

Artigo 5º.-Natureza do acordo.

O presente documento, unha vez aprobado polo Pleno da Corporación, constitúe un todo único e indivisible, con base no equilibrio das recíprocas obrigas e mutuas contraprestacións asumidas polas partes, e como tal, será obxecto de consideración conxunta.

O acordo será de aplicación preferente nas relacións entre a corporación e o persoal incluído no seu ámbito, salvo que infrinxa a lei ou que nunha lei posterior á súa aprobación mellorase as condicións pactadas, neste caso sería de aplicación inmediata.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 6º.-Distribución de competencias.

Conforme a lexislación vixente a organización do traballo é facultade do concello, a través do órgano de goberno competente.

A súa aplicación práctica correspóndelle ó alcalde na forma que se establece no Regulamento orgánico da corporación e sen prexuízo da xefatura directa do persoal que lle atribúe o artigo 21.1º.6 da lei de bases de réxime local.

Na organización do traballo deberán terse en conta os dereitos de audiencia e información recoñecidos ós representantes do persoal no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo e na Lei 9/1987, do 12 de xuño.

En concreto, todos aqueles expedientes que afecten ó persoal municipal e que se remitan ó órgano municipal do concello deberán contar co informe previo dos delegados de persoal e sindicatos asinantes do acordo.

Capítulo III

Mobilidade do persoal

Artigo 7º.-Traslados.

O traslado consiste no cambio de posto de traballo dentro do mesmo grupo (A, B, C, D e E) e categoria da praza cando así se estableza legalmente.

O réxime de traslado será o seguinte:

a) Se non supoñen cambio de nivel de complemento de destino ou específico, efectuarao directamente a alcaldía, tralo informe dos delegados de persoal e audiéncia do interesado/a.

b) Procurarase o traslado de persoal con discapacidades sobrevidas á realización de tarefas propias de postos adecuados ás suas capacidades. A unidade de persoal, tralo informe médico e dos delegados de persoal e audiéncia do interesado, proporá semestralmente a relación co dito persoal en reunións específicas convocadas, para estes efectos, nos meses de xuño e decembro de cada ano.

c) Se os traslados supoñen cambio de nivel de complemento de destino ou específico, efectuarase a través de concurso, sen prexuízo de que a alcaldía poda

cubrilos directamente de forma provisional, pora motivos de urxencia debidamente apreciados, tralo informe previo dos delegados de persoal e sindicatos asinantes do acordo. Neste caso o posto incluirase, obrigatoriamente, no concurso anual de traslados. O traballador trasladado por este sistema percibirá as retribucións complementárias correspondentes ó novo posto, se fosen superiores ás que percibía. Os concursos de traslados realizaranse como mínimo, unha vez ó ano, e neles incluiranse tódolos postos vacantes non cubertos definitivamente.

d) As solicitudes para tomar parte no concurso dirixiranse ó alcalde e conterán, no caso de seren varios os postos solicitados, a orde de preferencia para a súa adxudicación.

e) O prazo para presentación de instancias será de 15 días hábiles, contados a partir da publicación do correspondente anuncio de convocatoria no BOP, publicarase asi mesmo no taboleiro de edictos da Casa do Concello e nos de anuncios de todolos servicios municipais.

f) A lista de admitidos e excluídos, cos motivos de exclusión, e a proposta da comisión de valoración, exporase ó público a través da súa públicación no taboleiro de edictos da Casa do Concello, e nos de anuncios dos servicios, por un periodo de 4 días hábiles, co fin de que os aspirantes poidan efectua-las reclamacións que estimen oportunas e que serán resoltas pola comisión no mesmo prazo.

O prazo máximo para a resolución dos concursos será dun mes e o seu resultado publicarase da mesma forma que a convocatoria. Os destinos así obtidos serán desempeñados durante o tempo que como mínimo estableza a lexislación vixente (na actualidade dous anos).

g) En ningún caso, poderán consolidarse traslados polo mero transcurso do tempo, nin derivarse destes ningún tipo de vantaxes no concurso de traslados ou promoción interna.

No caso do grao persoal, só poderá consolidarse a través do transcurso do tempo de servicios prestados no posto adxudicado trala superación das probas de ingreso ou nos obtidos por concurso ou libre designación.

En canto ó tempo das comisións de servicio só será computable para consolida-lo grao correspondente ó posto desempeñado, cando este se obteña con carácter definitivo a través dos procedementos legais.

No caso contrario só servirá para consolida-lo grao correspondente ó posto de traballo desde o que se realizou a comisión de servicios.

h) Para o funcionariado será de aplicación supletoria a normativa básica estatal e a específica dos funcionários ó servicio da Comunidade Autónoma galega.

Baremo

* Méritos:

1. Coñecemento do posto ó que se opta.

Valorase de 0 a 6 puntos.

Para forma-lo seu xuício, a comisión de valoración acordará a práctica das probas que poderán ser test ou probas prácticas e versarán sobre aspectos relativos ás tarefas propias do posto.

2. Grao persoal.

-O mesmo ou superior ó do posto a que se aspira: 2 puntos.

-Un nivel inferior: 1 punto.

-Dous niveis inferiores ou menos: 0 puntos.

3. Antigüidade:

Por cada ano ou fracción de servicios prestados ó Concello con cargo a prazas do cadro de persoal, 0,10 puntos, ata un máximo de 3.

4. Cursos de formamción e perfeccionamento.

Só se terán en conta os impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) e a Escola Galega de Administración Publica (EGAP) Centros de Formación e Perfeccionamento de traballadores da Administración Pública, incluídos os organizados ou promovidos polo concello e os derivados do cumprimento dos acordos MAP-Sindicatos e FEMP-Sindicatos dentro do seu labor de formación e capacitación permanente do persoal, e relacionados sempre coas funcións do posto a que aspira.

-Por cada curso de 60 horas de duración como mínimo, e se esta non figurase, de 10 horas como mínimo, 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración como mínimo, ou de 5 a 9 xornadas como mínimo, 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración como mínimo, ou de 2 a 4 xornadas como mínimo, 0,40 puntos.

A valoración máxima por este apartado no poderá exceder de 3 puntos.

Nas convocatórias específicas poderá figura-la relación de cursos con dereito a seren valorados.

5. Titulacións académicas.

a) Homologadas polo Ministério de Educación e Ciencia, superiores -excluíndo as que serviron para obter outra superior-, ou complementarias das que se esixen para o acceso ó grupo e relacionada coas funcións própias do posto de traballo, 1 punto por cada unha delas.

A puntuación máxima por este merito non poderá exceder de 2 puntos.

b) Outras homologadas por organismos oficiais distintos e relacionados coas funcións propias do posto de traballo á que se aspira, 0,25 puntos cun máximo de 0,50 puntos.

6. Coñecemento do idioma galego.

-Por supera-lo curso de iniciación, 0,25 puntos.

-Por supera-lo curso de perfeccionamento, 0,50 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa básica, 0,65 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa media, 0,80 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa superior, 1 punto.

No caso de non ter ningunha das titulacións anteriores o aspirante poderá realizar unha proba de coñecemento de idioma galego que poderá puntuar ata un máximo de 0,25 puntos.

7. Valoración do traballo desenvolvido en anteriores postos nos últimos 5 anos, atendendo ás súas aptitudes e rendemento, que se valorará pola vomisión de valoración de acordo con criterios obxetivos.

-Bo, 0,50 puntos.

-Aceptable, 0,25 puntos.

Para poder adxudicarse o posto, o candidato deberá obter un mínimo de 7 puntos conforme ó baremo de méritos anterior.

No caso de empate terá preferencia para adxudica-lo posto o que obtivese maior puntuación polo apartado primeiro, de persisti-lo empate o de maior grao persoal, continúa o de maior antigüidade e por último o de maior idade.

Artigo 8º.-Fomento da promoción interna.

A promoción interna consiste no ascenso do persoal dun grupo inferior a outro superior, dentro da mesma escala; dunha categoría a outra, dentro do mesmo grupo, e seranlle de aplicación os criterios que estabelece o Real decreto 364/1995, de 10 de marzo.

Negociaranse cos delegados de persoal e sindicatos asinantes do acordo as bases de tódolos demais aspectos relacionados coa promoción interna do persoal.

As probas por esta quenda faranse independentemente das que corresponda por quenda libre, agás que nas bases dasconvocatórias -que deberán ser negociadas cos delegados de persoal e sindicatos asinantes do acordo-se acorde celebra-las xuntas por causas debidamente xustificadas.

O réxime de promoción interna será o seguinte:

a) Condicións da promoción.

Rexerá o previsto na normativa básica estatal e na autonómica específica de obrigado cumprimento.

De celebrar-se as probas conxuntamente ou previamente ás de quenda libre, as prazas que non se cubran por este sistema acumularanse á quenda libre.

O persoal que se presente por promoción interna poderá facelo tamén por quenda libre.

b) Requisitos dos aspirantes.

Deberan estar en posesión da titulación esixible legalmente e en cada momento para o acceso á praza a que se pretende efectua-la promoción, agás que por disposición legal ou regulamentaria se autorice outra ou suplila co cumprimento de calquer outro requisito como antigüidade, superación de cursos, etc.

c) Sistema de promoción.

Establécese o de concurso-oposición, agás que por imperativo legal se esixa outro.

Nas Bases deberán consta-las seguintes previsións:

1. A fase de concurso valorara-se con 40% da puntuación total, e correspondera-lle o 60% restante á fase de oposición.

2. Na fase de concurso rexerá o seguinte:

Baremo

A) Antigüidade.

Por cada ano ou fracción no grupo ou escala de orixe: 0,50 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

B) Cursos de formación e perfeccionamento.

Pola participación en cada curso relacionado coas funcións que se vaian desenvolver, impartido polo Instituto Nacional da Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública, ou calquera outro centro oficial autoricado para impartilos, incluídos os organizados ou promocionados polo concello.

-Por cada curso de 60 horas de duración como mínimo, e se esta non figurase, de 10 horas como mínimo, 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración como mínimo, ou de 5 a 9 xornadas como mínimo, 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración como mínimo, ou de 2 a 4 xornadas como mínimo, 0,20 puntos.

Nas convocatórias específicas poderá figurá-la relación de cursos con dereito a poder ser valorados.

A puntuación por este apartado non poderá exceder de 2 puntos.

C) Titulacións académicas.

Por estar en posesión de títulación superior á esixido para o acceso á praza: 1 punto.

Por estar en posesión de titulación complementaria á esixida para o acceso á praza e relacionada coas funcións que se van desenvolver: 1 punto.

A puntuación máxima por este apartado non poderá execer de 1 punto.

D) Coñecemento do idioma galego.

-Por supera-lo curso de iniciación, 0,25 puntos.

-Por supera-lo curso de perfeccionamento, 0,50 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa básica, 0,65 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa media, 0,80 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa superior, 1 punto.

Puntuará-se só o superior alegado e xustificado como mérito.

O aspirante que non acredite ter realizado ningún dos anteriores cursos poderá efectuar un exame que se valorará cun máximo de 0,25 puntos.

d) Fase de oposición.

Consistirá na realización de dous exercicios: un teórico e outro práctico, agás que por disposición legal ou regulamentaria se estableza outra forma.

O exercicio teórico será tipo test se tódalas prazas vacantes se reservan para promoción interna. No caso contrario se fará tamén tipo test sempre que a través del poidan acreditarse debidamente os coñecementos esixidos para o desempeño das funcións da praza a que se aspira.

O exercicio será sempre anónimo e se é tipo test referirase ó contido dos temas que figuren no temário.

Cada exercicio puntuarase globalmente de 0 a 10 puntos, e quedará eliminado o aspirante que non acade, cando menos, 5 puntos en cada un deles.

Con carácter xeral, o temario dos exercicios será igual para a quenda libre e promoción interna. Non obstante, sen quebra dos principios de mérito e capacidade, os exercicios dos aspirantes por esta quenda estarán dirixidos preferentemente a comproba-lo coñecemento da praza á que se aspira promocionar; poderase dispensar ós aspirantes, dalgúns temas de carácter xeral, atendendo a razóns de especialización e coñecementos profesionais demostrados ou acreditados no desempeño das suas funcións, ou en anteriores exames para o ingreso na Administración ou anteriores promocións.

e) Sistema de puntuación de tribunais.

A suma de puntuacións obtidas en ambolos dous exercicios da oposición, sumada á conseguida na fase de concurso servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.

No caso de empates na lista de aspirantes proposta polo tribunal, o desempate resolveráse a favor do aspirante que conte con maior puntuación na fase de oposición; de persisti-lo empate, o de maior antiguidade, e de continuar manténdose o de maior idade.

Os tribunais quedarán constituídos cos mesmos membros que na quenda libre.

Capítulo IV

Selección de persoal

Artigo 9º.-Sistema de selección.

Con carácter xeral o sistema de selección será o de concurso-oposición agás que, por disposición legal ou regulamentaria, se esixa outro.

Artigo 10º.-Fase de concurso.

Para a cualificación dos méritos rexerá o seguinte baremo:

a) Coñecementos e experiencia profesional.

Valoraráse co 0,20 puntos por mes ata un máximo de 2 puntos.

Deberase acreditar que corresponden a funcións propias da praza á que se aspira, e farase con certificación de servicios prestados, se se prestaron nun organismo público, ou con recibo de salarios da empresa, nos que conste a categoría profesional, a antiguidade e certificado da Seguridade Social que acredite os ante

riores extremos, se os servicios se prestaron en empresas privadas.

b) Por participación en cursos.

Sempre que foran impartidos polo Instituto Nacional da Administración Pública, Escola Galega da Administración Pública ou calquera outro Centro oficial competente para imparti-los, relacionados coas funcións da praza á que se aspira.

-Por cada curso de 60 horas de duración como mínimo, e se esta non figurase, de 10 xornadas como mínimo, 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración como mínimo, ou de 5 a 9 xornadas como mínimo, 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración como mínimo, ou de 2 a 4 xornadas como mínimo, 0,20 puntos.

A puntuación por este apartado non poderá exceder de 2 puntos.

c) Titulacións ou certificados de estudios que teñan relación coas funcións que se desempeñarán.

Por cada título ou certificado de estudios expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia, excluíndo o necesario para o acceso á praza e os que serviron para obte-los superiores, que se alegan como mérito, 1 punto.

Por cada título ou certificado de estudios, expedido por outros organismos oficiais: 0,50 puntos.

A puntuación por este apartado non poderá exceder de: 2 puntos

Artigo 11º.-Fase de oposición.

Constará de dous exercicios como mínimo, agás que por disposición legal ou regulamentaria se esixa outro método. Os exercicios un teórico e outro práctico, calificaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

Ademais practicarase unha proba de coñecemento do idioma galego, que será obrigatória pero non eliminatória, que se valorará ata un máximo de 2 puntos, e que será axeitada ás funcións da praza.

Se non se obtivese 1 punto como mínimo na proba de coñecemento do idioma galego, os aspirantes, unha vez que accedan á condición de funcionarios de carreira, participarán nos cursos de formación que, para o efecto, se convoquen co fin de acada-lo grao de coñecemento adecuado á natureza do posto e ás funcións que se vaian desenvolver.

Os temarios deberán ser informados polo comité de persoal con anterioridade á súa aprobación e deberán conter temas ós que tódo-los aspirantes poidan ter acceso.

Segundo o grupo ó que pertenzan as prazas, o número máximo de temas será o seguinte:

Grupo A 90 temas.

Grupo B 60 temas.

Grupo C 40 temas.

Grupo D 20 temas.

Grupo E 10 temas.

No temario sempre deberán incluírse temas relacionas coa organización municipal e dereitos e deberes dos funcionarios, tendéndose á especialización; así mesmo aqueles ós que fai referencia o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño.

Os delegados de persoal deberán informar sobre os temarios, logo da súa aprobación, e deberán conter temas ós que tódo-los aspirantes poidan ter acceso.

O exame teórico será preferiblemente tipo test, baseandose en preguntas relacionadas co temario, sen perxuicio de que nas bases das respectivas convocatorias se poida fixar outra modalidade, por motivos legais ou de oportunidade, debidamente xustificados.

No suposto práctico elaboraranse 10 casos prácticos, como mínimo, por cada exercicio que se vaia realizar, xunto coa súa resposta ou, no seu defecto, os criterios para asúa valoración.

O tribunal elexirá ó chou de entre eles, os que propoña para a súa resolución polos aspirantes.

Non se terán en conta as puntuacións máis altas e máis baixas, ou unha delas no caso de empate, cando exista repecto das demais unha puntuación igual ou superior a 3 puntos.

Ó remate das probas, os exames, se non se correxisen nesa sesión, introduciranse nun sobre que se pechará e selará, asinando sobre o precinto tódolos membros do tribunal presentes, asi como o mesmo número de aspirantes elixidos ó chou. O sobre quedará baixo a custodia do secretario para a súa apertura ó inicio da sesión na que os exames vaian a correxirse.

A orde de puntuación dos membros do tribunal será a seguinte:

Primeiro, o técnico do concello.

Segundo, o representante da Comunidade Autónoma.

Terceiro, o representante do comité de persoal.

Cuarto, o secretario.

Quinto, o presidente.

Tódolos membros do tribunal terán a obriga de corrixi-los exames previamente á súa cualificación.

O tribunal poderá solicitar da oficina de persoal ou do propio aspirante calquera aclaración ou comprobación respecto da documentación presentada para a fase de concurso xunto coa súa instancia.

A suma de puntuacións obtidas na fase de concurso, en cada un dos exercicios da oposición e nas demais probas de coñecemento que se poidan establecer nas bases, servirá para establece-la relación de aprobados por orde de puntuación.

No caso de empate na lista de aspirantes proposta polo tribunal, o desempate resolverase a favor do aspirante que con maior puntuación na fase de oposición; de persisti-lo empate, o de maior puntuación polo

apartado de coñecementos e experiencia profesional; e de manterse, o de maior idade.

Artigo 12º.-Reserva para aspirantes con discapacidades.

Con carácter xeral reservaranse en cada convocatória as vacantes que, estableza a lexislación vixente para cubrir por aspirantes que cumprindo os demais requisitos establecidos, conten cunha discapacidade igual ou superios ó 33% compatible coas funcións da praza.

O persoal que se presente por esta quenda poderá facelo tamén por quenda libre ou promoción interna, se é o caso.

Nas solicitudes farase consta-la quenda a que corresponden.

Artigo 13º.-Período de prácticas e cursos selectivos.

Nas convocatoriras específicas poderase estipular un período de practicas ou curso selectivo; neste caso, os aspirantes aprobados serán nomeados funcionarios en prácticas.

Os aspirantes que non o superen perderan tódolos seus dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira; poderán incorporarse, en todo caso, ó curso inmediatamente seguinte que se celebre coa puntuación asignada ó último dos participantes naquela. De aínda así non supera-lo, perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira.

A resolución do órgano convocante pola que se suspende algún aspirante no periodo de prácticas ou no curso selectivo deberá ser motivada.

Nas bases específicas deberá consta-lo contido, duración e características do curso selectivo ou das prácticas.

Capítulo V

Órganos de valoración

Artigo 14º.-Comisións de valoración de traslados.

Nos concursos de traslados os méritos serán xulgados por unha comisión de valoración integrada por 2 membros designados pola corporación e 4 designados polo comité de persoal, con titulación igual ou superior á esixida para o acceso ó posto.

Ademais integrarán a comisión o alcalde ou concelleiro en quen delegue, como presidente; un funcionário de habilitación de carácter nacional ou de carreira da corporación integrado na escala de administración xeral, como secretario e o xefe do servicio ó que estea adscrito o posto. Tódolos membros do tribunal contarán con voz e voto, agás o secretario que só contará con voz.

Xunto cos titulares, designaranse os correspondentes suplentes.

Así mesmo, a comisión poderá designar un asesor.

A comisión propoñeralle ó organismo municipal competente os traslados a efectuar, e a súa proposta será vinculante sempre que se axuste a dereito.

A actuación das comisións rexeranse polo previsto na Lei de procedemento administrativo en relación co funcionamento dos órganos colexiados.

Artigo 15º.-Tribunais para a selección de funcionarios.

Tanto por quenda libre como por promoción interna, o tribunal estará integrado polos seguintes membros con voz e con voto, salvo que por disposición legal ou regulamentaria se esixa outra composición:

Presidente.-O da corporación ou concelleiro en quen delegue.

Secretario.-Un funcionario con habilitación de carácter nacional ou de carreira da corporación integrado na escala de administración xeral, e con categoría igual ou superior á esixida para o acceso a praza e que será designado polo alcalde.

Vocais.-Un representante designado pola Comunidade Autónoma, o xefe do servicio correspondente á especialidade ou un técnico cualificado, un representante de persoal designado por aquel, e un representante de cada grupo político presente na corporación.

O tribunal quedará, así mesmo, integrado polos respectivos suplentes que serán designados xunto cos titulares.

O tribunal poderá autoriza-la incorporación ás sesións de dous asesores como máximo, un deles por proposta do persoal, os cales actuarán con voz pero sen voto, e con plena autonomía no desempeño das suas funcións.

A actuación dos tribunais rexerase polo previsto na Lei de procedemento administrativo en relación co funcionamento dos órganos colexiados.

Capítulo VI

Xornada e horarios

Artigo 16º.-Xornada.

Establécese con carácter xeral unha xornada semanal de traballo efectivo de 37 horas e 30 minutos, para todo o persoal incluído no ámbito de aplicación do presente acordo.

Para o cómputo da xornada semanal computaranse os días festivos como laborais.

Todo o persoal en réxime de xornada continuada gozará dunha pausa de 20 minutos na xornada, computable como de traballo efectivo.

A xornada dos traballadores con fillos ata nove meses de idade, reducirase nunha hora e media diaria. No caso de traballar ámbolos dous cónxuxes, só un deles poderá beneficiarse da reducción da xornada sinalada.

A xornada semanal no mes de agosto será de 32 horas e 30 minutos, agás nos casos de traballos especificos que pola súa natureza non o permita, neste suposto será compensado logo de acordo cos traballadores afectados.

Artigo 17º.-Horario.

A xornada realizarase preferentemente de luns a venres, en horario de 7.30 h a 15 h, establecéndose quendas e os horarios especiais que sexan precisos polas necesidades do servicio, que serán previamente negociados e acordadas entre o alcalde e os representantes do persoal.

Respectaranse os acordos actualmente vixentes en materia de xornada e horarios que poidan resultar máis beneficiosos.

Calquera modificación futura deberá ser negociada e acordada tamén entre o alcalde e os representantes do persoal.

Nos mes de agosto o horario -salvo o do persoal con traballo a quendas ou con horarios especiais- será de 7.30 h a 14 h.

A reducción da xornada de verán da policía local, Servicio de Extinción de Incendios e calquera outro sevicio que sexa necesário, será negociada e acordada entre o alcalde e o comité de persoal.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias fóra da xornada normal de traballo non poderán exceder de 7 ó mes ou de 70 ó ano, salvo necesidades urxentes do servicio ou acordo entre o alcalde e os representantes do persoal, sen que sexan computables para efectos deste límite as realizadas por causas de forza maior.

Cando en calquera servicio se exceda de 800 horas extraordinarias crearase unha nova praza no cadro de persoal.

As horas extraordinarias clasificaranse en normais e festivas.

Son horas extraordinarias normais as realizadas nos días laborables.

Consideraranse festivas as realizadas polo persoal en sábado, domingo, festivo ou días nos que lle corresponda descanso.

Para o debido control do número de horas extraordinarias realizadas, a unidade de persoal deberá levar un rexistro por sevicios co número de horas feitas ó longo do ano. Neste rexistro contarán os seguintes dados: servicio ou dependencia onde se realizaron as horas, condición do persoal que as realizou, servicio ó que pertecen, tipo de horas (ordinarias, festivas ou nocturnas) e se foron pagadas ou compensadas con descansos.

A oficina de persoal facilitaralles trimestralmente ás seccións sindicais asinantes do acordo e ós grupos políticos municipais a anterior información do rexistro, sen prexuízo de que os representantes de persoal poidan solicitar en cada momento a información que consideren oportuna.

As horas extraordinarias compensaranse preferentemente con descansos, a razón dunha hora e media por cada hora deste tipo traballada; e se son realizadas en sábados, domingos, festivos ou en días de descanso, con dúas horas.

Acumularanse para o seu desfrute ata completar xornadas enteiras de traballo.

Se non se puidesen compensar nun prazo de tres meses despois de realizadas, o interesado terá dereito a que se lle aboen como gratificación por servicios especiais ou extraordinarios, conforme co previsto no capítulo de retribucións.

Artigo 19º.-Asistencia ó xulgado.

A tódolos traballadores que sexan convocados a declarar ó xulgado por motivos relacionados coas funcións da súa praza no seu día de descanso concederáselles outro a cambio.

Se a citación fose para comparecer un día de traballo pero fóra do horario habitual de traballo, concederáselle un permiso de tres horas se fose nos xulgados da Pobra do Caramiñal, e cinco horas se a comparecencia tivese lugar fóra do termo municipal.

Se a citación correspondese a un traballador que o día anterior ou posterior tivese asignada xornada nocturna, esta reducirase en catro horas.

Para os efectos deste artigo asimílase ós xulgados calquera organismo público, ante o que a obriga de comparecer se considere un deber inescusable de carácter público.

Artigo 20º.-Descanso entre quendas.

Naqueles servicios nos que se realicen quendas de traballo, deberá transcorrer un mínimo de 16 horas de descanso entre servicios.

Capítulo VII

Formación, perfeccionamiento e especialización profesional

Artigo 21º.-Promoción e especialización profesional.

O persoal terá dereito a ver facilitada a realización de estudios para a obtención de títulos académicos ou profesionais e a realización de cursos de perfeccionamento profesional.

O persoal que curse estudios académicos ou de formación e perfeccionamento profesional terá preferencia para elixir quenda de traballo, se é o caso, de vacacións anuais, así como á adaptación e compensación da xornada ordinaria de traballo para asistencia ós cursos, segundo as necesidades do servicio.

Artigo 22º.-Programación de cursos de formación.

A corporación directamente ou en réxime de concerto con organismos oficiais recoñecidos, organizará cursos de capacitación profesional, e considerarase o tempo de asistencia a estes cursos como de traballo efectivo.

Rexerá nesta materia o establecido nos acordos Administración-Sindicatos e FEMP-Sindicatos que estean en vigor en cada momento.

Para a programación xeral e seguimento dos cursos crearase unha Comisión de Formación, Perfeccionamento e Especialización Profesional (COFPE), integrada por 4 representantes da corporación e 4 dos sindicatos asinantes do acordo, que será presidida polo alcalde ou concelleiro en quen delegue que computará a efectos de número de membros; e será secre

tario , con voz pero sen voto, un funcionario da oficina de persoal.

A COFPE, con base nas propostas efectuadas polos distintos servicios antes do día 1 de xaneiro de cada ano, programará os cursos, fixará as horas para cada servicio e, se é o caso, os importes que se vaian aboar como subvencións.

Artigo 23º.-Garantía de igualdade de oportunidades.

A comisión de formación garantirá que se respecte, en todo momento, o principio de igualdade de oportunidades no acceso ós cursos de formación.

Cando existan máis aspirantes que prazas os participantes elixiranse por sorteo e non poderán volver a participar en cursos das mesmas características ata que non participen a totalidade dos aspirantes.

Ó remate dos cursos entregaráselles ós participantes un diploma acreditativo da asistencia, no que constará a duración do curso e que se considerará como mérito para traslados e promocións a postos nos que se realicen funcións relacionadas co seu contido, só desde a data en que todo o cadro de persoal do servicio tivese a posibilidade de realiza-lo curso.

En cada servicio existirá un programa permanente de formación e perfeccionamento especificos para o seu persoal, co fin de conseguir mantelo adaptado ás innovacións técnicas que se produzan e ás esixencias do seu funcionamento, que será dotado orzamentariamente ó comezo de cada exercicio.

Capítulo VIII

Vacacións, permisos e licencias

Artigo 24º.-Vacacións.

Todo o persoal municipal terá dereito a un mes de vacacións por cada ano de servicio que se poderá desfrutar entre os meses de xuño a setembro, ámbolos dous inclusive, e en período voluntario do 15 de decembro ó 15 de xaneiro, agás naqueles servicios que xa teñen establecido un período máis curto ó acordado no presente documento.

O persoal que desfrute as súas vacacións fóra do mencionado período desfrutará de 30 días laborais de vacacións.

Poderanse intercambia-las vacacións en todo ou en parte entre o persoal do mesmo servicio e categoría, dando conta ó xefe de servicio previamente ó inicio do seu desfrute.

As vacacións anuais poderanse fraccionar en dous períodos de 15 días cada un ou en catro períodos, tres de 7 días e un de 9 días.

O fraccionamento terá caracter excepcional, e será autorizado só se o permiten as necesidades do servicio e non prexudica as vacacións do resto do persoal do centro de traballo.

Os períodos quincenais de vacacións comezarán o día 1 e 16 de cada mes, e os semanais o luns de cada semana.

Artigo 25º.-Cadro de vacacións.

O cadro de vacacións será aprobado anualmente antes do 31 de decembro do ano anterior pola alcaldía, tralo acordo dos delegados de persoal ós que se lles entregará unha copia.

Calquera modificación das vacación previstas no cadro, deberá ser informada polos delegados de persoal e o xefe do servicio, previamente á súa modificación.

No caso de modificadas pola reestructuración dun servicio, efectuarase por acordo entre o alcalde e os delegados do persoal, tralo informe do xefe do servicio.

Para a elaboración do cadro, os xefes dos respectivos servicios remitirán á oficina de persoal o cadro correspondente ó servicio antes do 1 de novembro do ano anterior, trala consulta ós traballadores.

Para a elaboración do cadro terase en conta os criterios contidos no presente documento, especialmente a rotación do persoal no seu desfrute.

Artigo 26º.-Compensación da hospitalización durante as vacacións.

No caso de hospitalización durante o desfrute das vacacións os traballadores terán dereito a que lles sexan compensados os días de internamento debidamente xustificados.

Artigo 27º.-Permisos e licencias.

a) Permisos retribuídos.

1. Por asistencia a exames finais ou parciais liberatorios, así como probas selectivas que se celebren dentro do termo municipal, polo tempo necesario e imprescindible para a súa realización.

Se se celebran fóra do termo municipal o permiso será dun día, que poderá ampliarse polo tempo necesario e imprescindible.

Deberán ser autorizados polo alcalde ou concelleiro-delegado de persoal e deberán xustificarse cun certificado de asistencia no que conste a data de celebración e a hora de comezo, que deberá ser presentada na oficina de personal, nos 5 días seguintes á data do exame.

2. Polo tempo preciso para o cumprimento dun deber público, persoal e inescusable, que deberá acreditarse documentalmente.

3. Por asuntos persoais ata 9 días ó ano como máximo.

Tales días non poderán acumularse ás vacacións anuais retribuídas.

O persoal poderá distribuí-los ditos días á súa conveniencia.

Deberán ser autorizados previamente polo concelleiro-delegado de persoal, sempre que as necesidades do servicio o permitan.

Cando por razóns do servicio non se desfrute o mencionado permiso dentro do ano, poderá concederse dentro dos primeiros días do mes de xaneiro seguinte.

A autorización para desfrutar do permiso por asuntos particulares non precisa de alegar razóns para solicitalo nin presentar xustificación.

O número anual de días de permiso por asuntos particulares será proporcional ó de servicios efectivos prestados durante o ano.

Non pode autorizarse 1 día de permiso por asuntos particulares coincidindo cun venres se o inicio das vacacións anuais comeza o luns seguinte. Igualmente entre a finalización do período de vacacións e o desfrute deste permiso debe mediar algún día hábil.

Os días festivos non rompen a continuidade.

4. Por matrimonio: 15 días que comezaran a contarse o primeiro día hábil seguinte á celebración.

5. Por matrimonio dun familiar ata o terceiro grao de consanguinidade e segundo de afinidade, 1 día.

6. Por separación ou divorcio, 2 días laborais que comezaran a contarse a partir do primeiro día hábil seguinte a aquel en que se produza.

7. Por nacemento ou adopción dun fillo, 3 días laborais.

Os permisos dos apartados 4, 5, 6 e 7 deberán xustificarse con certificación do rexistro civil ou outra documentación oficial equivalente.

8. Por enfermidade grave ou falecemento dun familiar, aplicaranse os seguintes permisos:

A) Falecemento:

1. Cónxuxe e persoas que convivan no domicilio familiar: 5 días.

2. Fillos, pais, irmáns, xenros e noras:

-Se falecen no domicilio ou nun radio inferior a 150 km: 3 días.

-Se a distancia é superior a 150 Km: 5 días.

3. Avós paternos, netos e sogros:

-Se falecen no domicilio ou nun radio inferior a 150 km: 2 días.

-Se a distancia é superior a 150 Km: 4 días.

4. Cuñados:

-Se falecen no domicilio ou nun radio inferior a 150 km: 2 días.

-Se a distancia é superior a 150 Km: 3 días.

5. Avós políticos:

-Se falecen no domicilio ou nun radio inferior a 150 km: 1 día.

-Se a distancia é superior a 150 Km: 2 días.

6. Tíos, sobriños e curmáns:

-Polo tempo necesario para o enterro e funeral, máximo: 1 día.

-Se a distancia é superior a 150 Km: 1 día.

B) Enfermidade grave:

1. Cónxuxe e persoas que convivan no domicilio familiar: 5 días.

2. Fillos, pais, xenros e noras:

-Se se producen no domicilio ou nun radio inferior a 150 km: 3 días.

-Se se produce nun radio superior a 150 Km: 4 días.

3. Avós paternos, netos e sogros:

-Se se producen no domicilio ou nun radio inferior a 150 km.: 2 días.

-Se se produce nun radio superior a 150 Km: 4 dias.

4. Cuñados: 2 días.

5. Avós políticos: 1 día.

Para estes efectos, consideraranse como graves as enfermidades ou accidentes que cumpran os seguintes requisitos:

a) No caso de enfermidade que requira internamento hospitalario.

b) No caso de accidente, parte expedido por facultativo no que figure o prognóstico de grave ou moi grave.

No caso de enfermidades ou accidentes que non teñan a consideración de graves, o permiso concederase exclusivamente cando se trate de persoas que convivan no domicilio do solicitante e este xustifique que non existe no domicilio ningunha outra persoa que poida atender ó enfermo.

A duración deste permiso será de 2 días.

En casos excepcionais de enfermidade de familiares ou de persoas que convivan no domicilio familiar do solicitante e afecten gravemente ó normal desenvolvemento da vida familiar, o alcalde, tralo acordo do departamento de persoal e dos delegados do persoal, poderá autorizar permisos, reducción de xornada ou xornadas especiais entrementres se soluciona a situación.

9. Para acompañamento á consulta médica a menores de 12 anos, ou familiares ata primeiro grao de consanguinidade ou afinidade e que convivan no mesmo domicilio e que teñan unha discapacidade superior ó 33% polo tempo necesario e deberá xustificarse con parte de asistencia á consulta.

10. Por traslado de domicilio:

-Dentro do termo municipal: 2 días hábiles.

-Fóra do termo municipal: 4 días hábiles.

11. Por maternidade: 18 semanas.

Por adopción dun menor:

Menores de 9 meses: 10 semanas.

De máis de 9 meses: 8 semanas.

A partires dos 6 anos: 1 semana.

12. Os días 24 e 31 de decembro o horario será de 8 a 13 horas, salvo o do persoal con traballo a quendas ou con horarios especiais. A reducción do horario para o persoal anteriormente mencionado será negociada entre o alcalde e os representantes de persoal.

No caso de coincidir en días inhábiles para efectos laborais, a reducción da xornada realizarase no día inmediatamente anterior hábil.

13. Os delegados de persoal proporán 2 días festivos ó ano, para o seu desfrute polos traballadores estes serán días considerados como festivos pero non recoñecidos como tal no calendario laboral, naturalmente serán días hábiles para todo o persoal, e serán negociados co concelleiro-delegado de persoal.

Para o persoal con traballo a quendas ou con horarios especiais que polo seu servicio tivesen que traballar nas datas sinaladas, substituiranse por aqueles días que acorden conxuntamente cos delegados de persoal e o concelleiro-delegado de persoal e que deberán ser venres ou luns.

14. 40 horas ó ano como máximo para asistencia a cursos de perfeccionamento profesional, cando o curso se celebre fóra da Administración e o contido del estea directamente relacionado co posto de traballo ou coa súa carreira profesional dentro da Administración.

Deberá acreditarse documentalmente.

b) Permisos non retribuídos.

1. Por causa xustificada e sempre que o permitan as necesidades do servicio, 15 días cun máximo de 3 meses cada dous anos.

2. Permiso de 3 meses de duración como máximo para asistencia a cursos de perfeccionamento profesional sempre que o permitan as necesidades do servicio.

A participación no curso deberá ser acreditada documentalmente.

3. Reducción da xornada diaria nun tercio ou nun medio para o traballador ou traballadora que teña ó seu cargo un fillo, desde o nacemento e ata que cumpra 6 anos.

4. 6 meses cada 5 anos ou 12 meses cada 10. A corporación aboará o importe total das cotas á Seguridade Social, sempre e cando a excedencia sexa por causa xustificada.

5. Ata 3 anos para atende-lo coidado dun fillo propio ou adoptado, contado a partir da data de nacemento ou adopción daquel; se o pai e a nai traballan, só poderán exercitar este dereito un deles.

6. Ademais, o persoal terá dereito a ser declarado en situación de excedencia voluntaria, trala petición, nas condicións e polo período que en cada momento estableza a vixente lexislación.

Capítulo IX

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 28º.-Protección dos traballadores contra riscos laborais.

O traballador ten dereito a unha protección eficaz da súa vida, saúde e integridade física e a unha adecuada política de seguridade e hixiene no traballo; e como contrapartida, o correlativo deber de observar e poñer en práctica as medidas de prevención, dispostas no seu centro de traballo.

Os delegados de persoal serán os encargados do control das medidas adoptadas nesta materia a través dos seus órganos internos específicos.

A corporación municipal está obrigada a promover, fomentar e aplicar unha adecuada política de seguridade e hixiene nos seus centros de traballo dela dependentes, así como a facilita-la formación práctica e adecuada nesta materia ó seu persoal, especialmente cando cambie de posto de traballo ou teña que aplicar novas técnicas, equipos ou materiais que poidan ocasionar riscos para o traballador, os seus compañeiros ou terceiros.

Como contrapartida o traballador ten a obriga de segui-las mentadas aprendizaxes e de realiza-las prácticas que se establezan dentro da xornada de traballo, ou fóra dela. Neste último caso o tempo investido nelas descontarase da súa xornada laboral.

Artigo 29º.-Comité de seguridade e hixiene.

O Comité de Seguridade e Hixiene é o órgano interno de participación especializado nesta materia.

A súa composición será paritaria, integrada por 5 representantes dos sindicatos con representación no comité de persoal e 5 pola corporación, entre os cales figurará o alcalde ou concelleiro en quen delegue que será o presidente.

Deberase garantir un representante como mínimo por sindicato asinante do presente acordo e un concelleiro por cada grupo municipal da corporación, distribuíndose os restantes con criterios de proporcionalidade.

Asistirá ás sesións un técnico con voz e sen voto especializado nas materias que figuren na orde do día da reunión.

O comité reunirase, cando menos unha vez ó mes e ás reunións asistirá un funcionario da oficina de persoal que redactará acta das sesións.

Artigo 30º.-Funcións do comité de seguridade e hixiene.

O comité terá, ademais das funcións que lle atribúe a vixente lexislación, as seguintes:

a) Control de vestiarios e servicios hixiénicos para utilizar polo persoal, velando para que sexan cualitativa e cuantitativamente os precisos.

b) Coidar de que ó persoal se lle entregue a roupa de traballo pactada neste convenio, nas datas establecidas

c) Seguimento da subministración de material de traballo e ferramenta precisa e do seu mantemento e correcto estado de conservación, repoñéndose o que non reúna as condicións necesarias o máis axiña posible.

d) Propoñe-las medidas necesarias para eliminar no posible as condicións de perigosidade, penosidade ou toxicidade nos postos de traballo.

e) Control do cumprimento da normativa sobre recoñecementos médicos ó persoal, que terá periodicidade anual; salvo no caso do persoal que realice traballos penosos, tóxicos ou perigosos, ós que se lle realizará semestralmente.

Tanto o concello como o Comite de Persoal poderán solicitar en calquera momento, o recoñecemento dos traballadores que consideren oportunos.

g) Paralizar calquera traballo cando existan sospeitas fundadas de grave risco para a vida, saúde e integridade dos traballadores.

Esta medidda requirirá de reunión urxente do Comité de Seguridade e Hixiene, convocada cun prazo de antelación de 24 horas como máximo e o acordo, de cando menos, un tercio dos seus membros.

g) Calquera outra que lle atribúa a lexislación vixente.

Artigo 31º.-Apertura de centros de traballo municipais.

A apertura deberáselle comunicar á autoridade laboral para que, previamente a que se faga efectiva, se emita o regulamentario informe polos servicios competentes en materia de seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 32º.-Roupa de traballo.

A entrega do vestiario ó persoal efectuarase no primeiro trimestre de cada ano.

Para lograr este obxectivo a oficina de patrimonio remitirá antes do 31 de outubro do ano anterior á intervención municipal a relación de vestiario, para que no orzamento se considere o crédito suficiente para a súa adquisición antes de remata-lo mes de febreiro e poder entregárselle ó persoal no prazo previsto.

A adxudicación farase atendendo ó informe-proposta dos delegados de persoal.

A relación de vestiario por servicios será a que figura no correspondente anexo do presente acordo.

Toda a roupa entregada levará o anagrama e o nome do Concello da Pobra do Caramiñal, e así se lles fará constar nas ofertas públicas ós provedores.

Naqueles servicios nos que exista vestiario de inverno e de verán, a data do seu cambio farase logo de consulta da Comité de Seguridade e Hixiene.

A roupa e demais material que sexa para protección persoal que se deteriore substituirase ou repararase, segundo os casos, de inmediato.

Capítulo X

Faltas e sancións

Artigo 33º.-Procedemento.

O persoal poderá ser sancionado polo organismo competente, pola Comisión das faltas tipificadas neste convenio, a través do seguinte procedemento:

a) Persoal funcionario:

O que establece a lexislación vixente na materia, representada na actualidade polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; Decreto 94/1991, de 20 de marzo da Xunta de Galiza e supletoriamente polo Regulamento disciplinario de funcionarios da Administración civil do Estado.

b) Para os funcionarios do corpo da policia local:

Será de aplicación o previsto na sección cuarta do capítulo IV do título II da Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade do Estado.

Da incoación do expediente, do prego de cargos e da proposta de resolución, no caso do persoal funcionario, e do trámite de audiencia e tamén da proposta de resolución, no caso de persoal laboral, deberáselles dar conta ós delegados de persoal, conferiráselle trámite de audiencia nun prazo de 8 días hábiles.

Así mesmo, os delegados do persoal terán coñecemento de tódalas resolucións polas que se impoñan sancións ó persoal municipal.

Artigo 34º.-Faltas.

A) Faltas moi graves:

a) Funcionarios ( con exclusión do persoal do corpo da policia local). Artigo 31/1 da Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública.

1. Incumprimento do deber de fidelidade á Constitución no exercicio da función pública.

2. Toda actuación que supoña discrimnación por razón de raza, sexo, relixión, lingua, opinión, lugar de nacemento ou veciñanza, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal social.

3. O abandono do servicio.

4. A publicación ou utilización indebida de segredos oficiais, así declarados por lei ou clasificados como tales.

5. A notoria falta de rendemento que comporte inhibición no cumprimento das tarefas encomendadas.

6. A violación da neutralidade ou independencia politicas, utilizando as facultades atribuídas para influír en procesos electorais de calquera natureza e ámbito.

7. O imcumprimento das normas sobre incompatibilidades.

8. A obstaculización ó exercicio das liberdades públicas e dereitos sindicais.

9. A realización de actos encamiñados a coarta-lo libre exercicio do dereito de folga.

10. A participación en folgas ós que as teñan expresamente prohibidas pola lei.

11. O incumprimento da obriga de atende-los servicios esenciais en caso de folga.

12. Os actos limitativos de libre expresión de pensamentos, ideas e opinións.

13. Ter sido sancionado pola comisión de tres faltas graves nun período dun ano.

b) Funcionarios do corpo da policia local. (Artigo 27.3º da Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade).

1. O incumprimento do deber de fidelidade á Constitución no exercicio das suas funcións.

2. Calquera conducta constitutiva de delicto doloso.

3. O abuso das súas atribucións e a práctica de tratos inhumanos, degradantes, discriminatorios e vexatorios ás persoas que se atopen baixo a súa custodia.

4. A insubordinación individual ou colectiva respecto das autoridades ou mandos de quen dependan, así como a desobediencia ás lexítimas instruccións dadas por aquelas.

5. A non prestación de auxilio con urxencia, naqueles feitos ou circunstancias graves nas que sexa obrigada a súa actuación.

6. O abandono do servicio.

7. A violación do segredo profesional e a falta do debido sixilo respecto dos asuntos que coñeza por razón do seu cargo que prexudique o desenvolvemento do labor policial ou a calquera persoa.

8. O exercicio de actividades públicas ou privadas incompatibles co desmpeño das súas funcións.

9. A participación en folgas, en accións substitutivas delas, ou en actuacións concertadas co fin de altera-lo normal funcionamento dos servicios.

10. Ter sido sancionado pola comisión de tres ou máis faltas graves no período dun ano.

11. A falta de colaboración manifesta cos demais membros das forzas e corpos de seguridade.

12. Embriagarse ou consumir drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas durante o servicio, ou con habitualidade.

13. Calquera outra conducta non enumerada nos puntos anteriores tipificada como falta moi grave na lexislación xeral de funcionarios.

B)Faltas graves. (Artigo 4º do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, da Xunta de Galicia).

1. A falta de obediencia debida a superiores e autoridades.

2. O abuso de autoridade no exercicio do cargo.

3. As conductas costitutivas de delicto doloso relacionadas co servicio ou que lles causen danos á Administración ou ós administrados.

4. A tolerancia dos superiores respecto da comisión de faltas moi graves ou mui graves dos seus subordinados.

5. A grave desconsideración cos superiores, compañeiros e subordinados.

6. Causar danos graves nos locais, no material ou nos documentos do servicio.

7. Intervir nun procedemento administrativo cando se dea algunha das causas de abstención legalmente sinaladas.

8. A emisión de informes manifestamente ilegais cando lles causen prexuízos á Administración ou ós cidadáns, e non constitúan falta moi grave.

9. A falta de rendemento que afecte ó normal funcionamento dos servicios, e non constitúa falta moi grave.

10. Non garda-lo debido sixilo respecto dos asuntos que se coñezan por razón do cargo, cando lle causen prexuízo á Administración ou se utilicen en proveito proprio.

11. O incumprimento dos prazos ou doutras disposicións de procedemento en materia de incompatibilidades; cando non supoña o mantemento dalgunha situación de incompatibilidade.

12. O incumprimento inxustificado da xornada de traballo que acumulado supoña un mínimo de 10 horas ó mes.

13. A terceira falta de asistencia inxustificada nun período de tres meses, cando as dúas anteriores fosen obxecto de sanción por falta leve.

14. A grave perturbación do servicio.

15. O atentado grave á dignidade dos funcionarios ou da Administración.

16. A grave falta de consideración cos administrados.

17. As accións ou omisións dirixidas a evadi-los sistemas de control de horarios ou a impedir que sexan detectados os incumprimentos inxustificados da xornada de traballo.

Para os efectos das infraccións sinalada anteriormente, entenderase por mes o período comprendido desde o día primeiro ó derradeiro de cada un dos doce meses que compoñen o ano.

c) Faltas leves. Artigo 4, Decreto 94/1991, do 20 de marzo, da Xunta de Galicia.

1. A falta de asistencia inxustificada dun día.

2. A incorrección co público, superiores, compañeiros ou subordinados.

3. O descoido ou a neglixencia no exercicio das súas funcións.

4. O incumprimento dos deberes ou obrigas do persoal, sempre que non deban ser cualificados como falta grave ou moi grave.

5. O incumprimento inxustificado do horario de traballo motivará a deducción proporcional das retribucións, sempre por períodos de 15 minutos como mínimo.

Artigo 35º.-Sancións.

a) Para todo o persoal funcionario con exclusión dos funcionarios do corpo da policía local e os funcionarios con habilitación de caracter nacional.

1. Pola comisión de faltas leves: apercibimento ou deducción proporcional de retribucións.

2. Pola comisión de faltas graves: Deducción de retribucións ou suspensión de funcións - suspensión de emprego e soldo no caso do persoal laboral-por un período inferior a tres anos.

3. Pola comisión de faltas moi graves: Suspensión de funcións, -suspensión de emprego e soldo no caso do persoal laboral-por un período non inferior a tres anos nin superior a seis, ou separación do servicio

(despedimento disciplinario no caso do persoal laboral).

b) Para o persoal do corpo da policia local.

Ademais das anteriores, poderanse impo-las seguintes:

Por faltas graves: inmobilización no escalafón por un período non superior a cinco anos e perda de cinco a vinte días de remuneración, suspensión de funcións por igual período.

Por faltas leves: perda dun a catro días de remuneració e suspensión de funcións por igual período, que non suporá a perda de antigüidade nin implicará a inmobilización no escalafón.

c) Funcionarios con habilitación de carácter nacional.

Ademais das anteriores, poderá imporse a sanción de destitución do cargo pola comisión de faltas graves ou moi graves.

Non se lles aplicará, nembargantes, a estes funcionarios a suspensión de funcións por máis dun ano, que será substituída pola anterior coa prohibición de obter novo destino no prazo que se fixe no máximo de tres anos.

Artigo 36.-Prescrición.

As faltas, así como as súas correspondentes sancións, prescribirán: ó mes, no caso das faltas leves; ó ano, as graves; e ós tres, as moi graves.

Exceptuarase o persoal do corpo da policia local, no que as faltas e sancións terán o seguinte prazo de prescrición: Faltas moi graves: seis anos; graves, dous anos; e leves, un mes.

O computo dos ditos prazos comezará a contarse no caso de faltas a partir da realización do feito que a constitúe; e no caso das sancións, desde o día seguinte a aquel no que adquira firmeza a resolución pola que se impón.

Artigo 37º.-Normas especiais de procedemento.

Sen prexuízo da normativa prevista na lexislación vixente que deberá ser observada en todo momento, establécense as seguintes normas especiais:

a) Os interesados poderán ter asistencia de letrado.

b) No caso de faltas graves e moi graves, entregaráselle ó expedientado copia da normativa vixente.

c) A sanción non se fará executiva ata que non sexa firme en vía administrativa.

d) Todo traballador poderá dar conta por escrito, por si, ou a través dos seus representantes, dos actos que supoñan faltas de respecto da súa intimidade ou á consideración debida á súa dignidade humana ou laboral.

A alcaldía abrirá a oportuna información e instruirá as dilixencias previas para o esclarecemento destas conductas.

Capítulo XI

Réxime retributivo

Artigo 38º.-Rretribucións.

Rexerá con carácter xeral o principio de equiparación entre o persoal funcionario e o laboral e, en consecuencia, a estructura retributiva será a seguinte:

a)Retribucións básicas: soldo inicial e antigüidade (trienios).

b)Retribucións complementarias:

1. Correspondentes ó posto:

-Complemento de destino

-Complemento específico

2. Persoais:

-Complemento de productividade

-Gratificacións por servicios extraordinarios.

A contía e condicións das retribucións complementarias do posto estableceranse anualmente a traves da relación de postos de traballo, negociada entre o concello e a mesa xeral de negociación trala elaboración e aprobación do orzamento.

As de carácter persoal fixaranse, en cada caso, pola alcaldía segundo as bases e dentro da contía global que fixe o concello cando aprobe os orzamentos anuais e trala negociación coa mesa xeral, e serán públicas.

A gratificación por servicios especiais e extraordinarios servirá para aboa-las horas extraordinarias que terán para cada categoría o valor que figura como anexo IV a este acordo e que se incrementarán anualmente na mesma contía que as restantes retribucións.

Con cargo ó complemento de productividade aboaranse as cantidades que corresponden segundo os criterios previstos no Real decreto 861/1986, do 25 de abril, e entre elas:

a) Nocturnidade a todo o persoal municipal que desenvolva a súa xornada normal entre as 22 e 7 horas do día seguinte.

b)Traballo en sábados, domingos e festivos .

O importe do complemento de productividade será o recollido no anexo III; a súa contía incrementarase anualmente na mesma contía que as restantes retribucións.

Todo o persoal municipal percibirá dúas pagas extraordinarias nos meses de xuño e decembro.

Nos meses de verán, cando exista reducción da xornada laboral, aqueles traballadores que polo seu posto de traballo ou polas circunstancias do servicio non poidan desfrutar desta reducción, negociarán coa alcaldía unha compensación ben en descansos ou económica, sen prexuízo doutras gratificacións que por outros conceptos poidan percibir.

Artigo 39º.-Retribucións en caso de accidente de traballo ou enfermedade profesional.

En calquera dos supostos de baixa por incapacidade temporal e mentres non se resolva de forma definitiva esta situación, o concello garantiralles a tódolos seus empregados/as o mantemento do salário que estiveran a percibir no momento da baixa.

Artigo 40º.-Anticipos de retribucións.

Todo o persoal municipal funcionario terá dereito a un anticipo de 150.000 ou 250.000 ptas. que se desagregará en 12 ou 24 mensualidades a elección do solicitante; deberá concedérselle nun prazo máximo dun mes, sempre que exista crédito na partida correspondente.

Capítulo XII

Fomento de emprego e prestacións sociais

Artigo 41º.-Incentivos á xubilación anticipada.

Dentro da política de fomento de emprego en virtude do principio que preside este documento para os funcionarios, establece a xubilación obrigatoria para todo o persoal ó cumpri-los 65 anos de idade.

Non obstante, o traballador poderá permanecer no seu posto de traballo o tempo necesario para cubri-los períodos de carencia, aprazándoselle a xubilación ata a data na que se cumpran os ditos períodos.

A xubilación voluntaria antes de cumpri-la dita idade dará dereito a que o concello compense ó traballador cunha indemnización das seguintes contías segundo a idade:

-Ós 60 anos: 1.700.000 ptas.

-Ós 61 anos: 1.500.000 ptas.

-Ós 62 anos: 1.200.000 ptas.

-Ós 63 anos: 1.000.000 de ptas.

-Ós 64 anos: 800.000 ptas.

Artigo 42º.-Información das contratacións.

De conformidade co previsto na Lei 2/1991, do 7 xaneiro, o comité de persoal será informado dos plans de contratación e das previsións de necesidades de recursos humanos do concello, nos térmos especificados na dita lei.

Artigo 43º.-Fondo social.

En cumprimento do acordo Administración-sindicatos, así como do FEMP-sindicatos para o período 1995/97, sobre condicións de traballo na función pública aprobado por resolución do Consello de Ministros do 16 de setembro de 1994, establécese un fondo social dotado coas seguintes cantidades:

-Ano 1996 desde a data de aprobación do acordo: ptas.

-Ano 1997 e 1998: ptas. cada ano.

O importe do fondo destinarase a financiar accións e programas de carácter social, co fin de mellora-lo benestar social dos empregados públicos, os cales deberán ser aprobados polo organimo oficial competente previamente á súa aplicación polo comité.

A xestión será atribuída á Comisión do Fondo Social integrada por 3 membros, un, cando menos por cada sindicato asinante do acordo de forma proporcional. Asistirán como asesores, un asistente social ou diplomado en traballos sociais e un ténico dos servicios económicos da corporación.

Convocaranse e poderán asistir ás reunións o concelleiro-delegado de persoal e o de benestar social.

A comisión elixirá un presidente e un secretario e, redactarase acta de cada unha das reunións.

Na comisión só terán dereito a voto os representantes dos sindicatos asinantes do acordo.

A comisión previamente a inicia-los seus traballos deberá elaborar un regulamento de funcionamento que deberá ser aprobado pola corporación.

As axudas derivadas de accións e programas aprobados aplicaranse con base a criterios obxectivos, primando os principios de igualdade e publicidade.

A comisión manterá permanentemente a disposición da Corporación a información que permita coñecer en cada momento o estado de execución dos programas do fondo.

Artigo 44º.-Axudas para fins culturais e deportivos.

A corporación colaborará en todo tipo de iniciativas do seu persoal, que sexan de carácter cultural e deportivo, dotará para isto a cantidade de 100.000 ptas. anuais.

Artigo 45º.-Cobertura de continxencias especiais.

O concello, por proposta dos delegados persoal, considerará no seu orzamento anual os créditos suficientes para facer fronte á asistencia médico-sanitaria do seu persoal que viaxe a países nos que esta continxencia non estea cuberta pola Seguridade Social, e para seguro de accidente dos vehículos municipais e do carné de conducir de tódolos conductores municipais no exercicio da súa función, agás nos supostos de neglixencia manifesta.

Artigo 46º.-Colaboración municipal na xestión de créditos bancarios polo persoal.

Os delegados de persoal poderán proporlle á alcaldía o ingreso do importe da nómina do persoal na entidade bancaria que ofreza as mellores condicións crediticias ós traballadores.

Artigo 47º.-Asesoramento e defensa do persoal.

O concello prestará asesoramento e defensa xurídica gratuíta ós traballadores municipais nos litixios derivados de feitos ocorridos como consecuencia do desenvolvemento das funcións proprias do seu cargo.

Capítulo XIII

Dereitos e deberes do persoal

Artigo 48º.-Dereitos.

Ademais dos previstos na lexislación vixente, o persoal terá dereito a consulta-lo seu expediente persoal e a ser informado sobre as incidencias que naquel se produzan.

Artigo 49º.-Deberes.

Todo o persoal municipal ten a obriga de cumprir estrictamente os termos do presente convenio, especialmente no que se refire ó réxime de xornada, horario e incompatibilidades.

Así mesmo, o persoal é obrigado, a través do seu órgano de representación, a negociar, e adopta-lo pro

cedemento de mediación obrigatoria e previamente ó exercicio do dereito a folga ou calquera outra medida que poida prexudica-lo servicio público que o concello representa, para o que se acordará que a mediación a faga a Inspección de Traballo.

Capítulo XIV

Representación sindical

Artigo 50º.-Actividade sindical.

O concello, os sindicatos asinantes e os delegados de persoal, comprométense a promove-las condicións necesarias para o pleno desenvolvemento da acción e liberdade sindical, recoñecida no artigo 28 da Constitución e na Lei orgánica 11/1985, de 2 de agosto, de liberdade sindical, e na Lei 9/1987, do 12 de maio.

Artigo 51º.-Cota sindical.

A corporación descontará na nómina do traballador/a a cota sindical que corresponda, logo da autorización por escrito do interesado. As cantidades descontadas serán ingresadas na conta que indique o sindicato ó que pertenza o afiliado.

Artigo 52º.-Lexitimación sindical para iniciar procedementos.

A lexitimación para iniciar como interesado os correspondentes procedementos administrativos ou xudiciais, exercendo as accións en defensa dos intereses dos colectivos representados, corresponderalles ós delegados do persoal.

Artigo 53º.-Taboleiros de anuncios.

O concello instalará en todolos centros de traballo taboleiros coas características precisas para servir á súa finalidade específica, ó servicio do Comité de Persoal, seccións sindicais.

En períodos de campañas sindicais, se os taboleiros de anuncios fosen insuficientes para conter toda a publicidade, esta poderá colocarse noutros lugares distintos, velando sempre por mante-la estética dos locais.

Artigo 54º.-Dereitos dos representantes do persoal.

Os representantes do persoal terán dereito ó acceso libre a tódalas oficinas e servicios municipais, e terán dereito a ser informados dos asuntos de que deban coñecer pola representación que ostentan e a correlativa obriga de non perturba-lo normal funcionamento dos servicios.

Así mesmo, os asinantes do presente documento, garantirán a presencia dos delegados electos do persoal, en tódalas negociacións entre a alcaldía e as organizacións sindicais, sempre que nestas se discutan, ou negocien temas de calquera índole, relacionados co colectivo do persoal do Concello da Pobra do Caramiñal.

Artigo 55º.-Formación sindical.

Cada sindicato con representación no concello terá dereito a un crédito de 10 horas por delegado e ano para formación sindical que poderá ser utilizado polo membro que se designe e, deberá xustificarse documentalmente a utilización deste crédito horario.

Capítulo XV

Dereito de reunión e folga

Artigo 56º.-Reunións.

Están facultados para convocar reunións do persoal:

a) As organizacións sindicais, directamente ou a través dos seus delegados.

b) Colectivo do persoal do Concello, sempre que o seu número non sexa inferior ó 40 por cento dos traballadores convocados.

As reunións autorizaranse con carácter xeral fóra do horario de traballo. Sen embargo, o alcalde poderá autorizalas dentro do horario ata un máximo de 50 horas anuais, das que 20 corresponderán a seccións sindicais.

Se as asembleas corresponden a persoal dun só servicio, as horas computaranse ó 50%.

Para convocar unha reunión será preciso comunicar por escrito a súa celebración indicando o lugar, data e hora de realización, orde do día e identificación dos asinantes lexitimados para convocala, 48 horas de antelación, como mínimo, á data prevista. Se no prazo de 24 horas a alcaldía non a denega entenderáse autorizada.

Os convocantes serán responsables da boa orde no seu desenvolvemento.

Artigo 57º.-Folga.

A folga convocarase con carácter xeral conforme o disposto na lexislación vixente, unha vez esgotados os procedementos de negociación e mediación sendo preciso un aviso previo ó concello coa antelación prevista legalmente.

Os sevicios mínimos non poderán exceder do 10% do cadro de persoal, salvo no caso da policía local que non poderá exercita-lo dereito de folga ou accións substitutivas, de conformidade co disposto no artigo 6 da Lei orgánica 11/1986, do 13 de marzo.

Se non se chegase ó acordo sobre servicios mínimos a establecer, resolverá o gobernador civil.

Disposicións adicionais

Primeira.-Tendo en conta a recente aprobación da nova Lei 13/1995, do 8 de novembro, de riscos laborais, na que no seu artigo 35, se estipula que en tódalas empresas se elixirán delegados de prevención.

Tendo en conta que coa publicación desta lei se abre unha nova etapa nas relacións laborais na Administració pública, ó darlle unha primordial importancia á saúde dos traballadores e traballadoras.

Acórdase a denuncia do actual contrato de previsión de accidentes laborais, co fin de adecua-lo seu contido e prestacións ó previsto na referida lei.

Neste sentido, a corporación municipal adxudicará a protección de accidentes a aquela compañía que dentro dunha proposta adecuada a este concello sexa a proposta polos representantes de persoal.

Disposicións transitorias

Primeira.-Ó longo do presente ano será estudiado por unha comisión un plan de pensións conforme os seguintes criterios:

a) Constituirase unha comisión integrada por delegados das seccións sindicais representadas no comité de funcionarios e da unidade de persoal ou intervención, segundo proceda, que tralos estudos necesarios e en función da resposta do persoal respecto da súa integración neste plan, definan o modelo que se vai aplicar.

b) O plan será único e voluntario para todo o persoal.

c) A participación do concello non se fixará establecendo linealmente unha cantidade por traballador, senón que consistirá nunha porcentaxe da cantidade que achegue o traballador, cuns topes máximos e mínimos. En todo caso, o importe máximo para achegar polo concello sería de 5.000 ptas, e o mínimo de 3.000.

d) O custo municipal do plan, unha vez aviado, considerarase no orzamento do ano 1997.

e) Só poderá integrarse neste plan de pensión o persoal funcionario.

f) O acordo nesta materia incorporarase ó acordo regulador das condicións de traballo como anexo.

g) A adxudicación e a xestión do referido plan, farase atendendo a proposta dos delegados de persoal.

Segunda.-Como consecuencia do previsto no Real decreto 158/1996, do 2 de febreiro, polo que se modifica o Real decreto 861/1986, no relativo ós complementos de destino, todo o personal ó servicio do Concello da Pobra do Caramiñal, será adscrito ós correspondentes complementos de destino recollidos no anexo I.

A vixencia económica terá efectos desde o 1 de febreiro de 1996.

Terceira.-A 1 de decembro de 1996 serán revisados os complementos específicos de todo o persoal afectado polo presente acordo, consonte o previsto no anexo II.

Cuarta.-Para o 98, o persoal adscrito a este acordo percibirá dúas pagas extraordinarias nos meses de xuño e decembro por importe equivalente ó das súas retribución mensuais.

Disposicións derredeiras

Primeira.-Respectaranse para todo o persoal as condicións máis beneficiosas adquiridas, en canto determinen mellor dereito que as consideradas no presente acordo regulador.

Segunda.-Ámbalas dúas partes asinantes deste acordo comprométense a efectuar unha reclasificación dos postos de traballo do cadro municipal e a valorala economicamente ó longo do ano 1996, co fin de que se observe e aplique no orzamento de 1997 desde o 1 de xaneiro.

Terceira.-O concello garantirá en todo caso, o mantemento de poder adquisitivo das retribucións de todo o persoal municipal, para o que aprobará as revisións salariais que sexan precisas.

Con tal fin a corporación preverá nos orzamentos anuais un fondo para facer fronte á perda de poder adquisitivo que se poida producir.

Cuarta.-O modelo e tipo de contratación a partir do mes de xaneiro de 1996 será obxecto de negociación entre a corporación municipal e os delegados de persoal co fin de estudia-la posibilidade de introducir melloras económicas que tendan a equiparar no posible as condicións económicas do persoal funcionario e traballadores do cadro de persoal que conten con análoga categoría profesional.

Quinta.-Para efectos da concesión de anticipos fíxase o seguinte saldo vivo:

a)Ano 1996: 1.500.000 ptas.

b)Ano 1997 e 1998: 2.500.000 ptas.

c)Ano 1999: 3.500.000 ptas.

ANEXO I

Retribucións dos funcionarios desde o 1 de febreiro de 1996.

Táboa salarial

S. baseC. DestinoC. Especif.C. Produc.TrienioMensual

C

C C

C C

Secretaría

Intervención

Tesourería

Recadación

Administrat.

96.189

96.189

96.189

96.189

96.189

22

22

20

20

20

70.257

70.257

60.593

60.593

60.593

97.056

97.056

41.218

28.218

28.218

263.502

263.502

198.000

185.000

185.000

D

D

D

D

D

D

D

Xefe policía

Cabo policía

Gardas

Aux. Adminst.

Bibliotecar.

Admor./Merc.

Notificador

78.651

78.651

78.651

78.651

78.651

78.651

78.651

14

15

14

14

14

14

14

42.026

45.119

42.026

42.026

42.026

42.026

42.026

48.323

31.230

29.323

29.323

24.323

24.323

3.323

8.000

8.000

169.000

163.000

158.000

150.000

145.000

145.000

124.000

S. baseC. DestinoC. Especif.C. Produc.TrienioMensual

E

E E

E E

Conserxe

Operario

Encargado

Porteiro

Conductor

71.802

71.802

71.802

71.802

71.802

11

11

11

11

11

32.743

32.743

32.743

32.743

32.743

34.441

10.455

37.520

10.455

25.455

138.986

115.000

142.065

115.000

130.000

ANEXO II

Retribucións dos funcionarios desde o 1 de decembro de 1996.

Táboa salarial

S. baseC. DestinoC. Especif.C. Produc.TrienioMensual

C

C C

C C

Secretaría

Intervención

Tesourería

Recadación

Administrat.

96.189

96.189

96.189

96.189

96.189

22

22

20

20

20

70.257

70.257

60.593

60.593

60.593

98.554

98.554

73.218

38.218

38.218

265.502

265.502

230.000

195.000

195.000

D

D

D

D

D

D

D

Xefe policía

Cabo policía

Gardas

Aux. Adminst.

Bibliotecar.

Admor./Merc.

Notificador

78.651

78.651

78.651

78.651

78.651

78.651

78.651

14

15

14

14

14

14

14

42.026

45.119

42.026

42.026

42.026

42.026

42.026

60.323

34.230

34.323

34.323

34.323

34.323

13.323

17.000

17.000

181.000

175.000

172.000

155.000

155.000

155.000

134.000

E

E E

E E

Conserxe

Operario

Encargado

Porteiro

Conductor

71.802

71.802

71.802

71.802

71.802

11

11

11

11

11

32.743

32.743

32.743

32.743

32.743

35.542

25.455

42.520

25.455

40.455

140.087

130.000

147.065

130.000

145.000

ANEXO III

En concepto de productividade aboaranse as cantidades correspondentes a nocturnidade e festividade sinaladas no artigo 38.2º a) e b), a todo o persoal da policía local que polo traballo a quendas, desempeñe a súa xornada ordinaria en período nocturno, sábados, domingos ou festivos.

As cantidades asignadas por este concepto son as seguintes:

Para 1996: 96.000 ptas. anuais distribuídas en doce mensualidades.

Para 1997: 204.000 ptas. anuais distribuídas en doce mensualidade.

ANEXO IV

VALOR DAS HORAS EXTRAORDINARIAS

As doce extraordinarias, que serán os que resulten da correspondente negociación, e en calquera caso, a súa contía non será inferior ó cociente resultante de dividi-lo total anual de remuneracións, sexa cal fose a periodicidade do seu vencemento entre o número de días de traballo efectivo que se obterá de restar, de 365 os días non traballados (domingos, festivos e vacacións), co que se calculará o valor da hora normal que se incrementará, para cada hora extraordinaria, nas porcentaxes que de seguido se relacionan segundo o tipo de hora extraordinaria traballada:

-Normais, as realizadas fóra de xornada habitual de luns a venres. Incrementarase nun 75% o valor da hora normal.

-Nocturnas, as horas extraordinarias realizadas fóra de xornada habitual de luns a venres e en horario de 22 h a 7 h. A hora extraordinaria normal máis un 20%.

-Festivas, as horas extraordinarias realizadas en sábado, domingo, festivo ou día no que corresponda descanso. Incrementarase na mesma porcentaxe que para a hora nocturna.

-Festivas nocturnas, as mesmas cás anteriores, pero realizada en horario de 22 h a 7 h. Neste caso danse as dúas modalidades anteriores, polo que o seu valor se incrementará nun 40%.

ANEXO V

GRAOS DE CONSANGUINIDADE E AFINIDADE

Primeiro grao: cónxuxes, fillos, pais e sogros.

Segundo grao: netos, avós dos dous cónxuxes, irmáns e cuñados.

Terceiro grao: sobriños, tíos, bisavós e bisnetos de ámbolos dous cónxuxes.

Cuarto grao: curmáns.

ANEXO VI

ROUPA DE TRABALLO

Policía local.

O vestiario da policía local será, en todo momento, acorde co aprobado pola Xunta de Galicia.

Vías e obras.

* Anual:

-2 conxuntos de cazadora-pantalón.

-2 camisas de manga curta.

-2 camisas de manga longa.

-1 par de zapatos.

-1 par de botas.

-1 funda especial para persoal de alcantranado.

* Bianual:

-1 anorak.

-1 xerxei.

Excepcionalmente cando se necesiten daranse luvas.

Mantemento:

* Anual:

-2 conxuntos de cazadora-pantalón.

-2 camisas de manga curta.

-2 camisas de manga longa.

-1 par de zapatos.

-1 par de botas.

* Bianual:

-1 xersei.

* Cuadrienal:

-1 anorak.

Excepcionalmente cando se necesiten daranse luvas.

Aqueles servicios que non aparecen reflectidos nesta relacións, terá un vestiario similar a aquel que máis se lle asemelle polas tarefas que hai que realizar.

97-2139