Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 28 de febreiro de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a proposta de resolución referente ó expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada á sociedade Explotaciones Marinas, S.A.(C-950-CAD).

Tendo en conta que a proposta de resolución que a continuación se transcribe, foille remitida ó interesado o 16/12/1996, e devolta polo servicio de correos, sinálase o motivo de devolución como ausencia do destinatario do seu domicilio, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 28 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27/11/1992), ponse en coñecemento da sociedade Explotaciones Marinas, S.A., con último domicilio coñecido na Coruña, Peirao da Palloza, almacén nº 1-E, a seguinte:

Proposta de resolución que se formula para actuar conforme o disposto no artigo 72 da Lei 6/1993,

do 11 de maio, de pesca de Galicia en relación coa concesión administrativa outorgada a Manuel José Lestón Mayo por Orde do 22/6/1984 e na actualidade de Explotaciones Marinas, S.A., por cambio de dominio autorizado o 23/1/1992 (DOG do 21/2/1992) para a explotación do seguinte establecemento:

Establecemento: estación depuradora de moluscos, transformada en granxa mariña, por Orde do 23/1/1992 (DOG nº 36/1992).

Especies autorizadas: rodaballo.

Localización: lugar Agro da Punta, Abelleira, distrito marítimo de Muros.

Data de concesión: 22/6/1984 (DOG nº 152).

Remate da vixencia: 9/7/1994.

Ó resultar que con data 11/9/1996 foi ordenada pola Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña a incoación do expediente de caducidade da devandita concesión por incumprimento das normas que regulan o título da concesión e levar inactiva a granxa mariña un tempo superior a dous anos.

Ó resultar que o acordo de iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento do instructor lle foi remesado ó interesado o 18/9/1996, sendo devolta a notificación polo servicio de correos.

Ó resultar que con data 16/10/1996 foi publicada, no DOG e en 25/9/1996 exposto no taboleiro de anuncios do concello, do último domicilio coñecido da sociedade Explotaciones Marinas, S.A., a iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento de instructor e secretario no dito expediente, sen que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido para iso.

Ó considerar que o expediente se tramitou de conformidade co disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ó considerar que segundo informe dos biólogos da Delegación Territorial da Coruña, do 10/7/1996, o establecemento non se encontraba en explotación encontrándose as naves en estado de semiabandono, sendo esta causa de caducidade das consideradas nos artigos 56.3 e 72.a) da Lei 6/1993, do 11 de maio (DOG do 31/5/1993), de pesca de Galicia.

Ó considerar que en virtude das facultades que lle confire a Lei 6/1993, de pesca de Galicia, é competencia da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a adopción da resolución axeitada.

Vista a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27/11/1992), a Lei 6/1993 de pesca de Galicia, do 11 de maio (DOG do 31/5/1993), a Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas, o R. decreto 147/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas, o Decreto 423/1993, do 17 de decembro (DOG do 20/1/1994), polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, e demais disposicións aplicables ó caso.

Proponse que se declare a caducidade da concesión administrativa outorgada a Manuel José Lestón Mayo por Orde do 22/6/1984 e transferida, por cambio de dominio, do 23/1/1992 (DOG do 21/2/1992) a Explotaciones Marinas, S.A..

Notifíqueselle esta proposta de resolución ó interesado, indicándoselle que o expediente está á súa disposición nesta delegación territorial, para o seu exame e alegacións durante un prazo de 15 días hábiles contados a partir da súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncio do concello, do último domicilio coñecido da sociedade suxeita a expediente de caducidade.

A Coruña, 28 de febreiro de 1997.

Beatriz Pais Comino

Instructora

1968