Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/266-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pena-Caeiro.

Situación: concello de Marín.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 119 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. ó C.T. Igrexario (Agrela) rematando en Pena-Caeiro, concello de Marín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380, 220 V. R.B.T. de 25 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1883