Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalación eléctrica que a continuación se detalla.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pardemarín II.
Situación: concello da Estrada.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 334 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 65 da L.M.T. ó C.T. Pardemarín I rematando no C.T. que se
proxecta en Pardemarín II, concello da Estrada. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 65 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 13 de xaneiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1712