Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.839

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación (234/1995).

Eu, María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, dou fe e certifico: que neste xulgado se segue xuízo verbal civil nº 234/1995, sobre servidume de paso na que se dictou sentencia cun encabezamento e resolución que literalmente di así:

Sentencia nº 98/1996.

En Negreira o seis de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Cristina Navares Villar, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal civil co nº 234/1995, sobre servidume de paso por instancia de José Manuel Blanco Grille, maior de idade, veciño de Negreira e con domicilio en Landeira, asistido do seu letrado, Baltasar García Amigo, contra Josefina Caamaño Soto, maior de idade, veciña de Negreira, con domicilio na parroquia de Landeira, asistida de letrado Luis Braña Tojo, contra Dourido Forján Mayo, maior de idade, veciño Negreira e con domicilio en Landeira, en situación procesal

de rebeldía; Manuel Antelo Otero, maior de idade, veciño de Negreira, con domicilio igual que o anterior; Manuela Rojo, maior de idade; Elena Otero, maior de idade, ambas con domicilio na parroquia de Landeira, municipio de Negreira e en situación procesual de rebeldía, así como contra Manuel Mancebo Leis, co mesmo domicilio que os anteriormente sinalados, contra Bautista Sande Barreiro, maior de idade, veciño de Vitoria, con domicilio na r/ Iturricha nº 15-1º e en situación procesual de rebeldía, contra Manuela Rey Barreiro, maior de idade, en ignorado paradoiro, contra herdeiros de Florentino Sande Barreiro, herdeiros de Gabriel Busto, herdeiros de Rogelio Grille Tomé, herdeiros de Manuel Grille Tomé, herdeiros de Blandina Gómez, herdeiros de Manuel Sande, todos eles con circunstancias e domicilio descoñecido, así como contra quen queira que sexa, persoa física ou xurídica, que se opoña ou pretenda opoñerse á constitución da servidume de paso.

Resolvo: que, desestimando a demanda no seu pedimento principal, deducida por Manuel Blanco Grille, en propio nome e representación e en beneficio da comunidade hereditaria do seu finado pai, José Blanco Sande, contra Josefina Caamaño Soto, Dourino Forján Mayo, Manuel Mancebo Leis, Manuela Rojo, Manuela Rey Barreiro, Manuel Antelo Otero, Bautista Sande Barreiro, Elena Otero, herdeiros de Florentino Sande Barreiro, herdeiros de Gabriel Busto, herdeiros de Rogelio Grille Tomé, herdeiros de Manuel Grille Tomé, herdeiros de Blandina Gómez, herdeiros de Manuel Sande, debo abosover e absolvo os ditos demandados da pretensión primeira contida, no petium do escrito rector. E, acollendo a excepción procesual de falta de litis consorcio pasivo necesario, debo absolver e abosolvo na instancia os anteditos demandados das peticións que, con carácter subsidiario, se formulan no suplico da demanda e todo iso, con expresa imposición de custas á parte actora.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lles sirva de notificación ós demandados en ignorado paradoiro, Manuela Rey Barbeiro, herdeiros de Florentino Sande Barreiro, herdeiros de Gabriel Busto, herdeiros de Rogelio Grille Tomé, herdeiros de Manuel Grille Tomé, herdeiros de Blandina Gómez, herdeiros de Manuela Sande, e contra quen queira que sexa, persoa física ou xurídica e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira o seis de novembro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

2347