Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.839

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1997 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán o concurso da praza 1410/1996 de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.d. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela, con data 24 de xuño 1996 (BOE do 18 de xullo de 1996) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1997.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: enfermería.

Praza nº 1410/96.

Comisión titular:

Presidente: Manuel Noya García. Catedrático universitario. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: José Manuel Mayán Santos. Catedrático de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Vicente Calatayud Maldonado. Catedrático universitario. Universidade de Zaragoza.

Vocal 2º: Joaquín Sala Franco. Catedrático de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

Vocal 3º: Jacinto Miguel Gómez. Catedrático de escola universitaria. Universidade de Oviedo.

Comisión suplente:

Presidente: Francisco Javier Jorge Barreiro. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: José Ramón Rodríguez Suáres. Catedrático de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Julio Ángel Rama Quintela. Catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Vocal 2º: Manuel Ramón Mejía Molina. Catedrático de escola universitaria.Universidade de Granada.

Vocal 3º: Rosa Ferrer Diego. Catedrático de escola universitaria. Universidade de Alacante.

983