Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.833

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares do Servicio Galego de Saúde.

A base quinta da Resolución do 24 de outubro de 1996 (DOG nº 219, do 8 de novembro) da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares do Servicio Galego de Saúde, dispón que os tribunais cualificadores do dito concurso-oposición serán nomeados pola autoridade convocante, polo que, en consecuencia, esta dirección xeral,

DISPON:

Primeiro.-Nomea-los membros dos tribunais, titulares e suplentes que xulgarán o concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares, do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 24 de outubro de 1996 e que aparecen relacionados nos anexos da presente resolución.

Segundo.-A presente resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1997.

Valeriano Martínez García

Director Xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Médicos titulares

Tribunal titular

Presidente: Carlos Crespo Sabarís, director provincial do Sergas de Pontevedra.

Secretaria: Yolanda Lesmes Romero, xefa da Sección de Recursos na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas.

Vocais:

-Juan Miguel Antelo (CC.OO.), médico titular de Outes, distrito 3º, en representación das organizacións sindicais.

-Juan Suárez Barros, médico titular de Betanzos, distrito 2º.

-Rafael Saavedra Cueto, médico titular de Mondariz, distrito 1º.

Tribunal suplente

Presidente: Rafael Mateo Rodríguez, subdirector xeral de Información Sanitaria da Secretaría Xeral do Sergas

Secretaria: María de Ramón López Chaves, xefa da Sección de Reclamacións na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas.

Vocais:

-Mª Luisa García Dopico (CC.OO.), médico S.E.U. na Coruña, en representación das organizacións sindicais.

-Juan José Sánchez Castro, médico titular da Estrada, distrito 2º.

-Pedro Brañas Tato, subdirector xeral de Asistencia Sanitaria en Atención Primaria.

ANEXO II

Practicantes e matronas titulares

Tribunal titular

Presidente: Rosendo Luis Fernández Fernández, director provincial do Sergas de Ourense.

Secretario: Francisco Javier Patiño Patón, xefe do Servicio de Selección e Provisión de Persoal na Dirección Xeral de Recursos Humanos.

Vocais:

-Juan Manuel Padín Millán (CIG), practicante titular de Vilaboa (Pontevedra), en representación das organizacións sindicais.

-Francisco Bernabeu Piñeiro, practicante titular de Neda, distrito 1º.

-Sergio Quintairos Domínguez, practicante titular de Betanzos, distrito 2º.

-Rosalina Celada Juan, matrona titular de Oleiros (A Coruña).

-Mª Jesús Sánchez Valiño, matrona titular de Ordes (A Coruña).

Tribunal suplente

Presidente: Antonio Martínez Calvo, director provincial do Sergas de A Coruña.

Secretario: Andrés Castro Bande, xefe do Servicio de Ordenación Normativa e Documentación na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas.

Vocais:

-Blanca Barros Barros (CIG), matrona titular de Pontevedra distrito 4º, en representación das organizacións sindicais.

-Francisco Freire Benito, subdirector xeral de Ordenación e Xestión en Atención Primaria.

-José Antonio Vega Cerqueiro, practicante titular de Tordoia, distrito 1ª (A Coruña).

-Mª Dolores Fernández Bustabad, matrona titular de Barbadás (Ourense).

-Mª Dolores Sixto González, matrona titular de Mondoñedo (Lugo)

1947