Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.833

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 24 de outubro de 1996.

Por resolución deste centro directivo do 6 de febreiro de 1997 (DOG nº 31, do 14 de febreiro) decláranse con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos ara participar no concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 24 de outubro de 1996.

Rematado o prazo previsto na dita resolución para emendar, se fose o caso, o defecto que motivou a exclusión dos aspirantes, procede agora, de conformidade co disposto na base cuarta da convocatoria, dictar resolución na que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para cada unha das clases convocadas, sinalando os lugares onde estas poden ser examinadas, por todo isto, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Publica-las listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos, se é o caso, para participar no proceso selectivo convocado pola Resolución do 24 de outubro de 1996.

Segundo.-As listas coa relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos das devanditas clases poderán examinarse nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

d) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

e) Nas xerencias de atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

97-2314