Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.818

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de decembro de 1996, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 252, do 27 de decembro de 1996, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 11.857, no centro de destino «Laboratorio de Consumo de Galicia (A Coruña)», debe suprimirse o posto con código «IC.A01.00.200.15001.050. Mozo/a».

-Na páxina 11.859, no centro de destino «Unidade de Consumo de Vigo», debe suprimirse o posto con código «IC.A99.20.000.36560.038. Conductor».

-Na páxina 11.860, no centro de destino «Laborat. de Consumo de Galicia (A Coruña)», debe suprimirse o posto con código «IC.C99.10.104.15001.020. «Mozo».

-Na páxina 11.861, no centro de destino «Unidade de Consumo (Vigo)», debe suprimirse o posto con código «IC.C99.20.000.36560.028. Conductor».

2367