Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.818

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 57/1997, do 6 de marzo, polo que se crea o rexistro de títulos académicos e profesionais non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento de expedición dos títulos correspondentes ás ensinanzas establecidas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 55, do 20 de marzo

de 1995, cómpre face-las oportunas correccións.

Na páxina 2.529, no anexo I, no «MODELO XERAL DO TEXTO DO TÍTULO» corríxese o seguinte:

-Onde di: «...en (3) ..., en (4) ..., coa cualificación de (5) ..., expide, a su favor, o presente», debe dicir: «no/na ...(3), en (4) ..., coa cualificación de (5)..., expide, ó seu favor, o presente».

-Onde di: «(4) Mes e ano de finalización ou superación da proba final», debe dicir: «(4) Mes e ano de finalización dos estudios ou superación da proba final».

Na páxina 2.532 corríxese o modelo de soporte dos títulos, que é substituído polo que figura a seguir:

Na mesma páxina, no anexo IV corríxese o seguinte:

-Na columna da esquerda, onde di: «...a persoal posuidora...» debe dicir: «...a persoa posuidora...».

-Na columna central, onde di: «...estados menbros...», debe dicir: «...estados membros...».

-Na columna da dereita, onde di: «... y en las disposiciones que la desarrollen...» debe dicir: ... y en las disposiciones que la desarrollan...».

2368