Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.788

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 96/053 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o Art. 39.3º da Lei 11/1983, de reforma universitaria, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que han de xulga-los concursos de méritos para a provisión de plazas de corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado, visto o acordo da Xunta de Goberno do 26 de febreiro de 1997 polo que se modifica a composición de comisión designada por Resolución do 29 de xaneiro de 1997 (DOG do 21 de febreiro), resolve nomea-la comisión titular e suplente que ha

xulga-lo concurso de méritos convocado por Resolución do 2 de outubro de 1996 (BOE do 5 de novembro), que figura como anexo.

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da Universidade da Coruña, no prazo de quince días hábiles, a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 5 de marzo de 1997

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: dereito civil.

Praza nº 96/053.

Comisión titular:

Presidente: Bercovitz Rodríguez-Cano, Rodrigo. Catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Secretario: Pérez Álvarez, Miguel Ángel. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Pena López, José María. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Marín López, Juan José. Profesor titular de universidade. Universidade Castelano-Manchega.

Parra Lucan, Mª Ángeles. Profesora titular de universidade. Universidade de Zaragoza.

Comisión suplente:

Presidente: Rubio Torrano, Enrique. Catedrático de universidade. Universidade de Navarra.

Secretario: Lorenzo Merino, Fernando José. Catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: Rebolledo Varela, Ángel Luis. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Alonso Sánchez, Beatriz. Profesora titular de universidade. Universidade Castelano-Manchega.

Serrano García, J. Antonio. Profesor titular de universidade. Universidade de Zaragoza.

1852